Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACION DO NOVO VEHÍCULO HÍBRIDO DA POLICIA LOCAL DE NARON
PRESENTACION DO NOVO VEHÍCULO HÍBRIDO DA POLICIA LOCAL DE NARON
Trátase dun coche eléctrico, que tamén pode funcionar con gasolina. O parque móvil da Policía conta con 6 coches, 4 motocicletas e unha furgoneta.
Narón, 27 de Xaneiro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, presentou hoxe publicamente o novo vehículo adquirido para a Policía Local de Narón, cuio parque móvil suma xa 6 coches, 4 motocicletas e 1 furgoneta de atestados. A nova incorporación é un Toyota Prius que ven a sustituir ó Honda Civic que foi dado de baixa fai uns meses debido a un accidente de circulación.

A nova incorporación ten as mesmas características técnicas que o vehículo ó que sustitúe: trátase dun híbrido que funciona mediante un sistema eléctrico, e tamén pode facelo con gasolina. O Concello adquiriuno polo prezo de 26.600 euros –incluido todo o equipamento policial-.

O Alcalde declarou ó respecto que “apostamos por un coche ecolóxico porque temos que loitar para recuperar o medioambiente, e que mellor forma que ésta para levalo á práctica”, declarou. Pola súa banda o xerente do concesionario de Toyota en Narón (Breogan Motor), Jose Ramón Ferreiro, calificou coma “un orgullo e unha oportunidade única ter a disposición da Policía Local de Narón este vehículo, que é líder en tecnoloxías. Actualmente, a nosa marca ten máis dun millón e medio de vehículos híbridos circulando polo mundo”, comentou.

Ademáis da nova incorporación, a Policía Local ten pendente de adquisición unha nova furgoneta de atestados valorada en 33.500 euros, para o cal xa está habilitada a correspondente partida nos Orzamentos Municipais do 2010.

A Policía Local de Narón está composta por unha plantilla de 35 axentes, ós que se sumará 1 novo axente durante o 2010, actualmente en proceso de selección.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal