Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA, MARIÁN FERREIRO, E A CONCELLEIRA DE IGUALDADE, MAR GÓMEZ, PRESENTARON ESTA MAÑÁ O PUNTO VIOLETA NO CONCELLO DE NARÓN
A ALCALDESA, MARIÁN FERREIRO, E A CONCELLEIRA DE IGUALDADE, MAR GÓMEZ, PRESENTARON ESTA MAÑÁ O PUNTO VIOLETA NO CONCELLO DE NARÓN
Porque é importante a resposta e a colaboración cidadá. #Ante a violencia machista non mires para outro lado
Narón, 17 de febreiro de 2022. O Punto Violeta é un instrumento de loita contra a violencia machista que vai máis aló da violencia de xénero dentro do ámbito da parella ou exparella.
A rexedora local recordou que un dos obxectivos fundamentais deste Punto Violeta é acadar a implicación da sociedade xeral na loita contra a violencia machista en todas as súas manifestacións, como a violencia física, sexual, económica, psicolóxica, dixital e vicaria. Ferreiro incidiu no feito de que non se trata dun asunto privado senón unha cuestión que nos atinxe a todas e a todos, tanto sociedade como institucións. Trátase dun problema de primeira orde, dunha vulneración de dereitos humanos e é, ademáis, un delito que se persegue de oficio polos operadores policiais e xurídicos aínda sen existir denuncia da persoa agraviada.
Así mesmo, a concelleira de Igualdade remarcou que co labor desenvolvido desde o Punto Violeta, o Concello promove o acercamento dos servizos integrais ás persoas vítimas a través do seu entorno e facilita información sobre cómo actuar ante os casos de violencia machista. Facilitase diverso material informativo para estabrecementos, entidades e organismos públicos a través de carteis e dípticos que inclúen un código QR vinculado á Guía Punto Violeta para actuar fronte á Violencia machista e que sinalan ese lugar como un espazo seguro para as vítimas donde poden recibir información e acompañamento se o precisan.
A información facilitada inclúe específicamente os servizos aos que se pode acudir como son o teléfono 016, que funciona as 24 horas durante os 365 días do ano con persoas expertas en violencias machistas que dan asesoramento sobre os dereitos e os recursos dispoñibles próximos; o número de WhatsApp 600000016; 016-online@igualdad.gob.es; 112 Emerxencias; 091 Policía Nacional; 062 Garda Civil; App Alertcops que permite enviar un sinal de alerta á Policía coa túa xeolocalización.

O Punto Violeta do Concello de Narón localizarase neste mes de febreiro na xornada de hoxe de 10.00 a 14.00 horas na entrada principal da Casa do Concello e o día 26 en horario de 18.00 a 22.00 horas na Praza da Solaina.
Para máis información no Concello de Narón pódese consultar telefónicamente co 981337700 ext. 1108/1109



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal