Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OLAIA MANEIRO, AIDA TARRÍO E SABELA MANEIRO, TANXUGUEIRAS, ACTUARÁN NO PAZO DA CULTURA O VENRES 8 DE ABRIL
O son e a forza de Tanxugueiras deixará momentos únicos no escenario do Pazo naronés ás 20.30 horas do venres día 8 de abril
Narón, 18 de febreiro de 2022. As compoñentes do recoñecido grupo Tanxugueiras, formado por Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, son consideradas máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega. As súas voces ligan en harmonía, naturalidade e mestría alalás, músicas e letras. Con ou sen pandeiretas, o son e a forza de Tanxugueiras expándese alén do escenario para transformar o recital nunha festa. Cun repertorio que se move entre pezas íntimas e de corte tradicional con himnos que abanderan causas, o público de todas as idades goza dunha sesión vibrante, chea de momentos únicos nos que as cantareiras dan boa conta da proxección dunha formación única en Galicia. As cantareiras libéranse de prexuízos para consolidar a identidade dun grupo que explora con curiosidade a fusión da tradición con sonoridades urbanas e modernas. O seu single, Midas, con influencias de sons próximos ao trap ou á electrónica, pon o foco sobre unhas artistas audaces, chamadas a levar os ritmos e a enerxía da terra por escenarios de todo o mundo. Entre os premios e recoñecementos acadados por Tanxugueiras están: Premios MIN de la Música Independiente 2018 (Mellor álbum galego). Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego 2019 (Mellor videoclip por ´Perfidia´). Premios Martín Códax da Música 2019 (Mellor grupo de Música tradicional e folk). As entradas poderán adquirirse na billeteira do Pazo desde o martes 22 de febreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal