Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MESA REDONDA NO AUDITORIO DE NARÓN POLA CONMEMORACIÓN DOS 50 ANOS DO 10 DE MARZO DE 1972
MESA REDONDA NO AUDITORIO DE NARÓN POLA CONMEMORACIÓN DOS 50 ANOS DO 10 DE MARZO DE 1972
Unha homenaxe a Amador e Daniel e a todas as persoas protagonistas do 10 de Marzo de 1972 e a súa loita polos dereitos laborais e sociais
Narón, 18 de febrero de 2022. A alcaldesa Marián Ferreiro Díaz, xunto co concellleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, o presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática, Manuel Fernández Pita, e o vicepresidente da Asociación Cultural Fuco Buxán, Víctor García Novás, anunciaron a celebración dunha Mesa Redonda que, baixo o título “10 de Marzo do 72. Presente e futuro” terá lugar no Auditorio municipal, sito na Praza de Galicia, o venres 25 de febreiro ás 19.30 horas.
O evento enmarcase nos actos conmemorativos dos 50 anos das protestas e movilizacións obreiras que nesa data na cidade de Ferrol desembocaron, froito da represión, no asasinato dos traballadores Amador Rey e Daniel Niebla, máis de corenta feridos de bala e numerosas persoas detidas entre as que se encontraban os dirixentes sindicais Rafael Pillado, José María Riobó e Manuel Amor Deus.
As persoas que participarán como ponentes na Mesa Redonda serán: Rafael Pillado, cofundador das CCOO e do Partido Comunista de Galicia; Sari Alabau, profesora, militante do PCG e presidenta de Asfedro; Xosé Gómez Alén, catedrático, historiador e vicepresidente da Fundación ´Xaime Quesada Blanco´, e Ánxela Loureiro, mestra i escritora, que tamén actuará de moderadora.
Os representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática e Asociación Cultural ´Fuco Buxán´ manifestaron o agradecemento ao Concello de Narón polo apoio recibido no marco das actividades que están a programar para este ano no cincuentenario do 10 de Marzo do 72, coa que sería a primeira Mesa Redonda que se vai realizar.
Os representantes municipais reafirmaron o apoio do Concello nestes actos e agradeceron a ambas entidades o traballo que veñen realizando ao longo dos anos en prol da Historia e da Cultura.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal