Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ O XOVES UNHA REUNION COAS DIRECCIÓNS DOS CENTROS DE ENSINO PÚBLICOS E FAMILIAS PARA INFORMAR SOBRE O PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN DE INFANTIL E PRIMARIA
A concelleira de Ensino recalcou a importancia de que as familias acudan a esta convocatoria na que poderán solventar posibles dúbidas sobre o proceso.
Narón, 22 de febreiro de 2022. O Auditorio municipal acollerá o xoves día 24 ás 17.00 horas, unha reunión dirixida ás familias da cidade con fillas e fillos en idade escolar para informar sobre o proceso de escolarización na cidade. As direccións dos centros de ensino públicos de Infantil e Primaria informarán ás persoas asistentes sobre este proceso e sobre os recursos e programas educativos de cada un dos colexios, como recordou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. Así mesmo, a edil naronesa presentará á comunidade educativa a páxina web municipal www.buscoactividade.naron.es , “un espazo no que se atoparán diferentes actividades do Concello de Narón, para buscar a actividade que se desexe introducindo o nome da mesma ou palabras similares, pero tamén para buscar actividades que se poidan realizar polas mañás, polas tardes, dirixidas a colectivos específicos, seleccionar por idades ou ver as actividades que se fan nos barrios”, manifestou Taibo, .recordando tamén que o Concello ten a disposición da cidadanía a páxina web http://buscocole.naron.es/, a través da que introducindo o enderezo de residencia na cidade se poden consultar os centros educativos de referencia que corresponden en cada caso. A concelleira de Ensino recalcou a importancia de que as familias acudan a esta convocatoria na que terán a oportunidade de realizar ás direccións dos centros as preguntas que consideren oportunas para solventar posibles dúbidas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal