Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTE DO SUBMINISTRO ELÉCTRICO ESTE VENRES EN VARIAS RÚAS DO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A empresa subministradora indicou que a medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica na zona
Narón, 22 de febreiro de 2022. O Grupo Naturgy comunicou ao Concello que o vindeiro venres, día 25, procederá a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o que podería provocar interrupcións no subministro eléctrico en varias rúas do polígono de Río do Pozo, segundo avanzou a empresa. En concreto, tal e como especificaron, entre as 02.00 e as 04.00 horas o corte afectará ás rúas Cesteiros e dos Mariñeiros e entre as 04.00 e as 06.30 horas, á avenida Bernardo Romero. A medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica “precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona”, tal e como aseguraron. Dende a compañía solicitaron de antemán desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar a interrupción no subministro nesas zonas da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal