Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O FESTIVAL DE COMPARSAS QUE SE CELEBRARÁ O SÁBADO NA SOLAINA CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DE SEIS AGRUPACIÓNS
A cita festiva terá lugar este sábado, día 26, tal e como recordou a alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferrreiro
Narón, 23 de febreiro de 2022. Un total de seis agrupacións, tres de Narón e o resto de concellos da comarca participarán este sábado no Festival de comparsas que se celebrará na pista polideportiva da Solaina a partir das 18.00 horas. Previamente, sobre as 17.00 horas, as agrupacións concentraranse na Praza da Gándara, para dirixirse á pista polideportiva, donde terá lugar o festival. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou o feito de poder celebrar de novo este festival na cidade, “unha cita moi consolidada e que se desenvolverá, coa colaboración de tódolos asistentes, nun evento seguro no que poder desfrutar xuntos desta data tan especial e da retranca que caracteriza ás comparsas, das que quero destacar o traballo que realizan para que todas e todos nós poidamos desfrutar dese día”. Ferreiro anunciou que este ano participarán no festival tres comparsas de Narón: Os Parrandolos, Os Argalleiros e Semente de Trasancos, e outras tres de concellos da comarca: A Revolta de Trasancos, Os Colludos e As Xoaniñas do Chao. Cada unha das comparsas de Narón contará cunha achega económica de 800 euros por parte do Padroado da Cultura de Narón, se ben as de fóra da cidade recibirán cada unha 400 euros, tal e como se especificaba nas bases desta convocatoria. As letras das cancións das comparsas teñen que ser obrigatoriamente de temas locais do concello naronés e en galego, dispoñendo cada unha delas dun máximo de dez minutos para actuar sobre o escenario. As que son de Narón terán tamén a obriga de facer unha actuación na súa parroquia e outra en calquera parroquia do Concello, con percorrido no caso de ser posible. Ao final das actuacións, que puntuará o xurado, entregaranse tres premios ás mellor clasificadas, que recibirán unha figura en recordo do Día do Entroido. O xurado integrarano unha persoa a proposta de cada comparsa e unha do Padroado da Cultura, que valorará a orixinalidade dos disfraces, o enxeño da crítica feita na actuación, a calidade musical e o que cada actuación supoña de recuperación do Entroido en Galicia. A celebración do desfile e do festival de Entroido levará implícitas unha serie de restricións no tráfico rodado ao paso da comitiva, que estarán debidamente sinalizadas no traxecto e en cuxas indicacións colaborarán voluntarios da agrupación de Protección Civil de Narón. O percorrido que realizarán dende a Gándara ata A Solaina discurrirá polas rúas Vigo, Concepción Arenal, Wenceslao Fernández Flórez, Trincheira, a Ponte das Cabras e estrada de Castela, para continuar polo cruce da Ferrolana en dirección á estrada de Santa Icía e a rúa da Solaina ata chegar á pista polideportiva da Solaina (Pista Verde), donde terá lugar o festival.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal