Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PARTICIPOU HOXE NA ASEMBLEA XERAL DO EIXO ATLÁNTICO CELEBRADA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Marián Ferreiro indicou que no transcurso da asemblea se abordaron diferentes temas de interese correspondentes aos exercicios de 2021 e 2022
Narón, 23 de febreiro de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, acudiu esta mañá á asemblea xeral ordinaria do Eixo Atlántico celebrada en Santiago de Compostela, na que se abordaron diferentes temas de interese dos exercicios correspondentes a 2021 e 2022, así como a renovación da presidencia do organismo. Con máis de trinta anos de historia, o Eixo Atlántico integra na actualidade a 35 municipios de Galicia e do norte de Portugal e desenvolve parte do seu labor centrándose no desenvolvemento de infraestruturas para a mellora de conexións do territorio e tamén de programas culturais e turísticos entre todos os integrantes do Eixo. O presidente do Eixo Atlántico presentou o balance de xestión correspondente ao pasado ano e tamén un informe dos presidentes das Comisións Políticas. Así mesmo, deuse a coñecer o informe de contas do anterior exercicio. A mayores, presentáronse o programa e o orzamento correspondentes ao presente ano antes de abrir un turno de rogos e preguntas. No transcurso da convocatoria tamén se procedeu a cambiar a presidencia do organismo, que pasa a ostentar a alcaldesa de Lugo e actual vicepresidenta, Lara Méndez, que releva a Ricardo Río, presidente da Cámara Municipal de Braga (Portugal).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal