Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "TURISMO MARIÑEIRO" ENMARCADO NO PROGRAMA "NARÓN EMPRENDE EN AZUL"
O edil de Promoción Económica, David Pita, anunciou a apertura, mañá, do prazo de inscrición nesta convocatoria
Narón, 24 de febreiro de 2022. O Concello de Narón organiza a través da área de Promoción Económica, dirixida polo edil David Pita, un curso sobre “Turismo mariñeiro”. Trátase dun novo proxecto enmarcado no programa Narón emprende en azul, co apoio do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte. Pita anunciou que o Concello abrirá mañá o prazo de inscrición –ata o luns 28 ás 23.59 horas- nesta convocatoria, que se poderá realizar a través da Sede Electrónica de Narón, do Rexistro municipal e do correo electrónico me.mendez@naron.es. “Trátase dunha formación moi específica para o sector do turismo mariñeiro, a través da que se aposta por unha novidosa vía de diversificación ou complementariedade da actividade pesqueira para crear novas fontes de ingresos sostibles ás xentes do mar e, ao mesmo tempo, mellorar a calidade de vida das zonas costeiras”, explicou o edil naronés. O curso impartirase os días 2, 3 e 4 de marzo nas instalacións do Club de Golf Campomar, na parroquia naronesa do Val, en horario de tarde. Os días 2 e 4 as sesións serán de 16.00 a 19.00 e o día 3 de 16.00 a 20.00 horas. Pita animou á cidadanía a inscribirse nesta convocatoria, impartida por profesionais na materia e respaldada polas premisas da Unión Europea que apuntan cara aos novos modelos de negocio como futuro do sector, como neste caso é o turismo mariñeiro. En total ofértanse trinta prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición e deberá haber un mínimo de dez participantes para poder levar a cabo esta acción formativa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal