Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
APROBACION INICIAL DA ORDENANZA REGULADORA DA ADMINISTRACION ELECTRÓNICA DO CONCELLO
APROBACION INICIAL DA ORDENANZA REGULADORA DA ADMINISTRACION ELECTRÓNICA DO CONCELLO
A Corporación Municipal aceptou en Pleno a renuncia do concelleiro de Obras, Carlos Díaz Ramil.
Narón, 28 de Xaneiro de 2010.- A Corporación Municipal de Narón celebrou esta tarde o pleno ordinario no que se aprobou inicialmente a Ordenanza Reguladora da Administración Electrónica do Concello de Narón. Esta ordenanza foi elaborada atendendo á Lei 11/2007 do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos, e recoñece o dereito dos cidadáns a relacionarse coas administracións públicas por medios electrónicos.

O Concello de Narón, en base a esa lei, pretende impulsar o uso das técnicas electrónicas na actividade administrativa municipal e nas relacións cos cidadáns co fin de prestar un mellor servizo á cidadanía. A nova ordenanza municipal asegura a disponibilidade, o acceso, a integridade, a confidencialidade e a conservación dos datos e informacións que se xestionen durante a aplicación da mesma.

O canal principal para poner en práctica a administración electrónica será a web municipal (www.naron.es) a través da cal se poderán realizar diversos procedementos administrativos empregando para elo a firma electrónica e incluso o DNI electrónico. A administración municipal fará pública a seguinte información: os acordos dos órganos de goberno, as ordenanzas municipais, o presuposto municipal e as memorias de xestión, as figuras do planeamento urbanístico, os anuncios de información pública, os procedementos de contratación administrativa, os procedementos de concesión de subvencións, os procedementos de selección de persoal, e os impresos e formularios dos trámites e procedementos municipais.

O Concello incorporará progresivamente os trámites e procedementos administrativos á tramitación por via electrónica, o que permitirá pedir información, realizar consultas, formular solicitudes, emitir e recibir facturas, realizar pagos e outras xestións. O Concello habilitará o acceso ó rexistro telemático e un taboleiro de edictos electrónico nun prazo máximo de 12 meses.

Outra das propostas aprobadas foi a composición dos consellos territoriais de Participación Cidadá das parroquias de Castro, Pedroso, Sedes e O Val, atendendo ó Regulamento de Participación Cidadá. Os representantes nestos organismos serán os seguintes:

Consello Territorial de Castro.- Presidente: Jose Manuel Blanco. Vicepresidenta: Natalia Hermida. Vocais: Vicente Rivas, Pablo Villamar, Pablo Mauriz, Paloma González Cuevas, e Victor Méndez.

Consello Territorial de Pedroso.- Presidente: Jose Manuel Blanco. Vicepresidente: Natalia Hermida. Vocais: Pablo Villamar, Vicente Rivas, Miguel Hermida, Angel Perfecto Castro, Marcos Lombao, Francisco Javier Carrasco, e Angel López.

Consello Territorial de Sedes.- Presidente: Jose Manuel Blanco. Vicepresidenta: Natalia Hermida. Vocais: Pablo Villamar, Serafin González, Vicente Rivas, Manuel Ramos, Nicolás Vellón, Mª do Pilar Pol, e Xose Manuel Vales.

Consello Territorial de O Val.- Presidente: Jose Manuel Blanco. Vicepresidenta: Natalia Hermida. Vocais: Pablo Villamar, Vicente Rivas, Carlos Ramil, Mª del Mar Gómez, Julio Calvo, Francisco Javier Aneiros, Jose Manuel Rodríguez, Juan Manuel Pereira, e Beatriz Pita.

Dentro da orde do día de hoxe, tamén foi leida unha Declaración Institucional de apoio ós traballadores de Poligal, consensuada por tódolos grupos políticos. A totalidade dos portavoces municipais refrendaron o seu compromiso coa plantilla desta empresa, que hoxe manifestábase ás portas do Concello e agradecía o apoio recabado nos políticos municipais.

No apartado de mocións, foron debatidas un total de cuatro. Dous delas tiveron como tema central o Decreto do idioma galego no ensino. Na primeira delas, o BNG insta á Xunta de Galicia a retirar o borrador do novo Decreto sobre o uso das linguas vehiculares no ensino, e solicítalle o cumprimento da normalización da lingua galega en tódolos planos da vida público, ademáis de pedir unha volta ó consenso político e social que establece a Lei de Normalización Lingüística do ano 2007. A moción foi aprobada cos votos a favor de TEGA, BNG e PSOE, mentres que o PP votou en contra da mesma.

A segunda moción sobre o idioma foi presentada polo PSOE e solicita a creación de medidas de protección da lingua galega e a presentación dun plan de aprendizaxe de linguas extranxeiras factible e riguroso. Foi aprobada por maioría, coa abstención do PP.

O grupo municipal do PP presentou outra moción sobre subvencións da Televisión Dixital Terrestre (TDT) solicitando que o Concello inste ó Ministerio de Industria a abrir unha liña de axudas ás familias con menos recursos para
acceder á sinal da TDT, a través de aparatos decodificadores. A moción foi aprobada por maioría, coa abstención do PSOE. O apagón analóxico terá lugar en Narón o vindeiro luns 1 de Febreiro.

Os socialistas presentaron outra moción sobre o proxecto definitivo de mellora da Estrada de Cedeira, instando á Xunta a remitir o documento definitivo ó Concello, logo de ter recollidas as demandas municipais. A proposta foi aprobada cos votos a favor de TEGA, BNG e PSOE e a abstención do PP.

A Corporación Municipal aprobou tamén a dimisión do concelleiro do PP Carlos Díaz Ramil, que abandona a sua acta por motivos de tipo persoal e laboral. O Pleno agradeceulle os servizos prestados ó frente á Concellería de Obras e solicitouse da Xunta Electoral Central a expedición da credencial do seguinte membro da lista da candidatura do PP, Rafael Rivas, que ocupou o posto nº6 nas últimas eleccións municipais.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal