Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE COA SUBDELEGADA DO GOBERNO PARA IMPULSAR A CREACIÓN DA MESA LOCAL DE COORDINACIÓN INSTITUCIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Marián Ferreiro, acompañada pola edil de Igualdade, Mar Gómez, abordou a creación do organismo con María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña
Narón, 25 de febreiro de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Mar Gómez, reuníronse esta mañá na Coruña coa subdelegada do goberno, María Rivas para impulsar a creación da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero na cidade, un documento que terá que someterse a aprobación plenaria, tal e como indicou Ferreiro. A alcaldesa recordou que a xuntanza de hoxe é froito do compromiso adquirido pola Subdelegación do goberno na Coruña e o Concello naronés a principios deste mes en Narón –no transcurso da Xunta Local de Seguridade- de crear esa Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero. Ferreiro e Rivas acordaron manter a cooperación entre ambas administracións para rematar co machismo, incidindo na importancia de erradicar esta lacra social. A rexedora local valorou positivamente o encontro mantido coa subdelegada do goberno e tamén a súa predisposición a colaborar na constitución do citado organismo. “É de vital importancia a colaboración entre administracións para poder abordar un problema tan grave como o da violencia de xénero dende o inicio, deseñando e aplicando medidas preventivas, sensibilizando á sociedade e poñendo en práctica políticas que permitan a súa detección precoz”. Así mesmo, a alcaldesa destacou o traballo que se está realizando na cidade nesta materia, “donde traballamos coas asociacións, nos colexios, no mundo do deporte, da cultura… nesta mesma liña” e recordou que este mesmo mes se impulsou a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero o Punto Violeta de Narón. “Neste Punto Violeta, informamos á cidadanía tanto dende a web do Concello como físicamente, cunha carpa móbil que levaremos aos diferentes eventos que se organicen no Concello, co fin de ofrecer asesoramento e axuda ás persoas que o precisen”, subliñou Ferreiro. A alcaldesa recordou que o Punto Violeta de Narón estará mañá na Praza da Solaina (18.00 a 22.00 horas), o día 6 de marzo nas inmediacións do Pavillón da Gándara (10.00 a 14.00) e o 8 de marzo na Praza da Igualdade, coincidindo coa celebración de tres concurridos eventos na cidade, como o Entroido, a “I Carreira pola Igualdade” e os actos do Día Internacional da Muller, respectivamente. “Dende o Concello de Narón continuaremos poñendo a disposición da cidadanía todos os recursos que estean ao noso alcance para contribuír na erradicación desta lacra e a constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero é un paso máis neste camiño no que temos que continuar avanzando as administracións e a sociedade en xeral”.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es