Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CELEBRARÁ MAÑÁ O ENTROIDO CUN FESTIVAL DE COMPARSAS NO QUE PARTICIPARÁN SEIS AGRUPACIÓNS
As comparsas desfilarán por rúas da cidade entre A Gándara e A Solaina amenizando a xornada durante o percorrido
Narón, 25 de febreiro de 2022. As comparsas de Narón Os Parrandolos, Os Argalleiros e Semente de Trasancos, de Narón, e A Revolta de Trasancos, Os Colludos e As Xoaniñas do Chao, doutros concellos da comarca participarán mañá no desfile de Entroido e no Festival de comparsas organizado polo Concello naronés a través do Padroado da Cultura. As agrupacións concentraranse ás 17.00 horas na Praza da Gándara para, sobre as 17.15 horas saír en comitiva dende a Gándara ata A Solaina polas rúas Vigo, Concepción Arenal, Wenceslao Fernández Flórez, Trincheira, a Ponte das Cabras e estrada de Castela, para continuar polo cruce da Ferrolana en dirección á estrada de Santa Icía e a rúa da Solaina ata chegar á pista polideportiva da Solaina (Pista Verde), donde terá lugar o festival a partir das 18.00 horas. Durante o percorrido que realizarán as comparsas haberá restricións no tráfico rodado que afectarán ás rúas anteriormente indicadas e que estarán debidamente sinalizadas. As comparsas de Narón recibirán unha achega económica de 800 euros por parte do Padroado da Cultura de Narón, e as de fóra da cidade recibirán cada unha 400 euros. Sobre o escenario que se habilitará baixo unha carpa na pista polideportiva da Solaina actuarán as seis comparsas, debendo cantar cancións en galego e con temáticas relacionadas coa cidade. O tempo da actuación non poderá superar os dez minutos e os integrantes do xurado - integrarano unha persoa a proposta de cada comparsa e unha do Padroado da Cultura- valorarán as actuacións tendo en conta a orixinalidade dos disfraces, o enxeño da crítica feita na actuación, a calidade musical e o que cada actuación supoña de recuperación do Entroido en Galicia. Ao final das actuacións entregaranse tres premios ás mellor clasificadas, que recibirán unha figura en recordo do Día do Entroido.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal