Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A SÉTIMA EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL SINGULAR" COMEZA ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
O festival, que inclúe once espectáculos, unha rolda de negocios e unha mesa redonda, desenvolverase durante todo o mes de marzo no Pazo da Cultura
Narón, 2 de marzo de 2022. A actriz Magüi Mira abrirá este venres, día 4, a sétima edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular no Pazo da Cultura. A cita dará comezo ás 20.30 horas e leva por título “Molly Bloom”, de Pentación Espectáculos, na que Mira se meterá no papel do mítico personaxe de James Joyce, un dos textos literarios máis recoñecidos do século pasado. As entradas para este espectáculo, ao igual que as dos once restantes que se sucederán ata finais deste mes no Pazo, poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es. As sesións de monólogos continuarán este sábado, día 5, con “Cadaval conta… o complexo de Edipo”, de Producións Teatrais Excéntricas. Nesta ocasión subirase ao escenario Quico Cadaval, autor e director do monólogo no que o público coñecerá a versión do ribeirán, que parte da orixinal de Sófocles. Os monólogos continuarán o domingo 6, ás 18.00 horas, no Café Teatro. “A nena que vivía nunha caixa de mistos” é a proposta dominical da compañía Caramuxo Teatro. A actriz Laura Sarasola protagoniza a peza, inspirada no conto “A vendedora de mistos”, de Andersen, e con música en directo. A vindeira fin de semana, o venres 11 será o turno de “Música para fiambrería-Un policial verde”, de Lucía Trentini (Uruguay), que se poderá ver a partir das 20.30 horas. A actriz interpretará tres personaxes, dando vida a tres historias que se entrelazan para narrar un crime que xorde da desesperación e o desamor. Na xornada do 12 de marzo a compañía Entrecajas traerá a Narón o monólogo Silencio -20.00-, protagonizado pola recoñecida actriz Blanca Portillo, unha actriz que vai ingresar na Academia e pronuncia un discurso ante outros académicos. O domingo 13 será o turno de Larraitz Urruzola, con “A viaxe de Rosalía”, ás 18.00 horas no Café Teatro do Pazo. Trátase dun espectáculo de monicreques unipersoal sobre Rosalía de Castro e no que se darán a coñecer algúns momentos da vida desta insigne artista galega. As seguintes propostas serán a estrea da comedia “Esas cousas maravillosas”, de Empatía Teatro e protagonizada por Elisardo de la Cruz, programada para o venres 18 ás 20.30 horas. Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cunha nai nun hospital, con moitos personaxes e situacións que buscan a complicidade do público. O día 19 de marzo -20.00- horas poderase ver “La ciudad de las damas”, de Dayana Contreras (Cuba), unha muller emigrante que vive en España e que é dos fuxe dos tópicos e dos prexuízos e procura a igualdade. A continuación, o domingo 20 poderase ver no Café Teatro -18.00- outra proposta deste festival para público familiar e infantil: “Corochas”, da compañía Xarope Tulú e con Atenea García. Combínase a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. As tres últimas propostas desta edición do Festival Singular terán lugar os días 25 de marzo, con “Guerra de identidade”, da compañía Deuve -20.30 horas- e protagonizado por Déborah Vukusic, unha deportista de elite e militar na guerra dos Balcáns; o 26, con “Bravas”, protagonizado pola actriz galega Isabel Risco -20.00-, no que ofrecerá a súa particular visión da historia das mulleres galegas e o domingo 27 con “Bichocas”, para público familiar e infantil e a cargo da compañía Xarope Tulú, que fará viaxar ao público a través do mundo animal-18.00 horas no Café Teatro do Pazo-. Así mesmo, o vindeiro 10 de marzo, no marco deste festival, haberá unha Rolda de negocios, que consistirá nun encontro con programadores nacionais e internacionais (membros de Redelae) e compañías de teatro galegas e que se levará a cabo de 17.30 a 19.30 horas. Tamén se programou a mesa redonda: “Circulación Internacional de Espectáculos Teatrais”, de 20.00 a 21.30 horas, coa participación de Gustavo Zidan (Uruguay), Octavio Arbelaiz (Colombia) e Zaida Sánchez (Costa Rica), que presentará e moderará o galego Xosé Paulo Rodríguez.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal