A ALCALDESA VISITOU O CENTRO DE INVESTIGACIÓNS TECNOLÓXICAS DO CAMPUS INDUSTRIAL DE FERROL
Marián Ferreiro estivo acompañada polas edís de Ensino, Mercedes Taibo, e Formación, Natalia Hermida, na xuntanza coa vicerreitora e a directora do Campus, María Jesús Movilla e Ana Ares, respectivamente
Ferrol, a 2 de marzo de 2022. A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, e a directora do Campus Industrial, Ana Ares, recibiron este mércores na Vicerreitoría á alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro, á concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, e á de Formación, Natalia Hermida.
A Universidade da Coruña e o Concello de Narón estudan novas vías de colaboración.
Ao longo da xornada, a alcaldesa e as concelleiras visitaron tamén o Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) do Campus Industrial de Ferrol.