Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS ALUMNOS DO CURSO DE VIDRIO FUNDIDO
ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS ALUMNOS DO CURSO DE VIDRIO FUNDIDO
O Concello organizará outro curso de perfeccionamento desta técnica artesán.
Narón, 29 de Xaneiro de 2010.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego, en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia, levou a cabo a finais do 2009 o primeiro Curso de Vidrio Fundido, coa participación de 9 persoas maiores de 50 anos de idade –colectivo ó que ía dirixido o curso-.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Tenente de Alcalde, Angeles Díaz Pardo, entregaron hoxe –xunto con responsables de Vidrieras Alvariño e de Caixa Galicia- os diplomas correspondentes a estos alumnos/as, que lles mostraron hoxe no Concello unha selección dos traballos realizados ó longo destos 4 meses de curso (iniciouse o 04-09-2009 e rematou o 18-12-2009).

Os alumnos/as realizaron o curso nas instalacións de Vidrieras Alvariño (no polígono de Rio do Pozo), e recibiron os seguintes contidos: historia e coñecemento do vidrio, ferramentas básicas e tipos de vidrio, corte e manipulación, deseño e fabricación de pezas artísticas, métodos de fundición, e fabricación de moldes. O encargado de impartir este curso foi Jose Luis Alvariño, un profesional con máis de 20 anos de experiencia no sector.

Durante a entrega de diplomas de hoxe, a Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, anunciou a convocatoria dun segundo curso de 50 horas dirixido a estas persoas, para que perfeccionen os coñecementos adquiridos. Pola súa parte, o Alcalde felicitoulles por ter participado nesta iniciativa e pola calidade conquerida cos seus traballos.

O curso de Vidrio Fundido foi financiado polo Concello de Narón en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia, e contou co asesoramento e material didáctico aportados por Vidrieras Alvariño. A finalidade do mesmo foi o fomento do autoemprego e a reinserción laboral de maiores de 45 anos, a través de iniciativas coma a creación de obxectos (tales coma espellos, ou lámparas) empregando coma materia prima o vidrio.

Dende o Concello tamén se pretende con este curso a reciclaxe sociolaboral deste colectivo ademáis da creación de espazos de interrelación e estímulo recíproco para iniciar proxectos vitais.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal