Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL PRESENTOU HOXE OS ACTOS DO 8M NO TRANSCURSO DO CONSELLO SECTORIAL DE IGUALDADE
As edís de Igualdade, Mar Gómez, e Participación Cidadá, Catalina García, reuníronse esta mañá no Concello con integrantes do Consello Sectorial de Igualdade
Narón, 4 de marzo de 2022. O Concello acolleu esta mañá a reunión do Consello Sectorial de Igualdade, presidido pola edil responsable da área, Mar Gómez, que estivo acompañada pola edil de Participación Cidadá, Catalina García. A convocatoria deu comezo ás 10.30 horas e á mesma acudiron representantes da corporación local e da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, a Asociación Cultural ASCM, a Asociación Síndrome de Down Teima, a Asociación de Fibromialxia (Afinor), Cogami, Acadar, e unha representante da central sindical UGT. Na convocatoria aprobouse a acta da sesión anterior para, a continuación, presentarlles aos asistentes as propostas municipais coas que se conmemorará na cidade o 8M, Día Internacional da Muller. As propostas, segundo indicaron, comezaron esta mesma semana e desenvolveranse ao longo de todo o mes, tal e como se anunciou dende o Consistorio. As accións a levar a cabo inclúen actos vencellados ás áreas da educación, cultura, deporte… Gómez e García valoraron o resultado desta nova convocatoria e agradeceron a colaboración e implicación dos representantes das entidades que acudiron á mesma. “Este tipo de xuntanzas son moi fructíferas porque non deixan de ser unha posta en común e un espazo no que intercambiar posturas e opinións sobre diferentes propostas municipais”, indicaron as edís naronesas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal