Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASISTIU HOXE AOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO 50 ANIVERSARIO DO CPI DO FEAL
Marián Ferreiro, que estivo acompañada no acto pola edil de Ensino, Mercedes Taibo, valorou o traballo da actual e as anteriores directivas, profesorado e ANPA do centro
Narón, 7 de marzo de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, acudiu este mediodía aos actos de celebración do 50 aniversario do CPI do Feal. O director das instalacións, Juan Carlos Bedia, recibiu á rexedora local e á edil de Ensino, Mercedes Taibo, acompañado por integrantes da directiva, do inspector de Educación na zona, de profesorado e da ANPA do centro naronés e unha representación do alumnado. Ferreiro agradeceu o convite ao acto e felicitou ao equipo directivo e profesorado e tamén aos representantes da ANPA polo traballo realizado. Así mesmo, tivo palabras de agradecemento para as exdirectoras e o exdirector do CPI do Feal que participaron no acto celebrado hoxe: Amelia Conde, María Dolores Vizoso, Pedro Abeal e Víctor Novo, e tamén para aqueles que, por diferentes motivos, non puideron estar físicamente. “Parabéns polo voso labor neste centro, un dos máis antigos da cidade e que onte cumpriu 50 anos”, subliñou a alcaldesa. Así mesmo, no transcurso do acto destacou o traballo realizado polas alumnas que deseñaron a imaxe deste aniversario e dunhas chapas conmemorativas para, finalmente, entregar ao director unha réplica da escultura “Anduriña”, autoría do naronés Manuel Patinha, en recordo desta data tan especial no centro. Catro alumnas do colexio acudiron á convocatoria, presenciando as intervencións e a actuación dun grupo de integrantes da Banda de Gaitas de Narón que se sucederon no exterior das instalacións. Celtia Dopico realizou o deseño no que se inspirou o logotipo do aniversario do colexio e Tania López o dunhas chapas conmemorativas, mentres que Maite Sánchez e Alba Souto acudiron como representantes do Consello Escolar. As exdirectoras e o exdirector do centro fixeron tamén no acto un repaso da súa estadía polo CPI do Feal, do que aseguraron gardar gratos recordos. Ao remate do acto Juan Carlos Bedia indicou que o centro desenvolverá varias propostas para conmemorar esta data ao longo do actual curso escolar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal