Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTE DO SUBMINISTRO ELÉCTRICO ESTE VENRES EN VARIAS RÚAS DA CIDADE
As posibles interrupcións temporais do subministro afectarán ao Camiño da Cruz, as estradas de Castela e do Feal, e as rúas Filomena Dato e Río Castro, tal e como se indicou dende a compañía eléctrica
Narón, 9 de marzo de 2022. O Grupo Naturgy comunicou ao Concello que este venres, día 11, deixará fóra de servizo de 8.00 a 18.00 horas unha serie de instalacións, o que podería provocar interrupcións no subministro eléctrico en varias rúas da cidade. Nesta ocasión, tal e como especificaron dende a compañía, o corte afectará ao Camiño da Cruz, estrada de Castela, estrada do Feal, Filomena Dato e Río Castro. A necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica “precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona”, leva á empresa a realizar ese corte no subministro. Dende a compañía solicitaron desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar esta medida.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal