Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PADROADO DE DEPORTES E O NARÓN BALOMPÉ PIÑEIROS ORGANIZAN AS I XORNADAS PEDAGÓXICO-DEPORTIVAS DE FÚTBOL
O PADROADO DE DEPORTES E O NARÓN BALOMPÉ PIÑEIROS ORGANIZAN AS I XORNADAS PEDAGÓXICO-DEPORTIVAS DE FÚTBOL
Contarán coa presenza de destacados membros do Real Clube Deportivo de A Coruña.
Narón, 2 de Febreiro de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e o director técnico do Club Narón Balompé Piñeiros, Manel Fernández Anido, presentaron hoxe en rolda de prensa as primeiras Xornadas Pedagóxico-deportivas de Fútbol que organizan o Padroado de Deportes e o Club Narón Balompé Piñeiros, en colaboración co Real Club Deportivo de A Coruña. Terán lugar no Auditorio Municipal da Praza de Galicia, os días 5, 12 e 19 de febreiro e nas mesmas participarán destacados membros da plantilla e do equipo técnico do Real Club Deportivo de A Coruña.

A primeira xornada se celebrará o venres 5 de febreiro, a partires das 17:00 horas, e terá como título “Alimentación do deportista. Primeiros auxilios”. Esta conferencia será impartida polo traumatólogo Javier Pombo Prieto, mestre da escola de entrenadores do R.C. Deportivo da Coruña. Está dirixida principalmente a directivos, delegados e entrenadores de calqueira clube deportivo.

A seguinte cita está programada para o venres 12 de febreiro, ás 20:00 horas, baixo o título “O papel dos pais na iniciación deportiva”. O psicólogo do Deportivo da Coruña e responsable da área educativa deste clube, Macario Bravo Felipez, encargarase de falar sobre este tema. A conferencia está dirixida principalmente a pais e titures de deportistas do Club Narón Balompé Piñeiros, e tamén a público en xeral.

E finalmente, este ciclo de conferencias se pechará o venres 19 de febreiro cunha ponencia titulada “A importancia do fútbol base” e dirixida a tódolos integrantes do Club Narón Balompé Piñeiros e aberta ó público en xeral. Estará impartida por Rogelio Ramallo Peña “Tito Ramallo”, coordinador deportivo das categorías base do Deportivo de A Coruña, e adestrador do Fabril. Pero ademáis estará acompañado polos xogadores do primeiro equipo Juan Carlos Valerón Santana, e Juan Domínguez Lamas, xunto cos xogadores do Fabril Diego Rivas Rego e Daniel Rodríguez Vázquez.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, encargarase de pechar esta última conferencia das I Xornadas Pedagóxico-deportivas de fútbol.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal