Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E A ASOCIACION GALEGA DE APICULTURA PROMOVEN UNHAS CONFERENCIAS TÉCNICAS SOBRE APICULTURA
O CONCELLO E A ASOCIACION GALEGA DE APICULTURA PROMOVEN UNHAS CONFERENCIAS TÉCNICAS SOBRE APICULTURA
Se celebran os días 4 e 5 de febreiro no parque do mundo rural Aldea Nova, en Sedes.
Narón, 3 de Febreiro de 2010.- A Concellería de Medioambiente de Narón, dirixida polo edil Manuel Ramos, e a Asociación Galega de Apicultura (AGA) celebrarán os días 4 e 5 de febreiro unhas Xornadas Técnicas Apícolas, no parque temático de desenvolvemento rural Aldea Nova (Sedes). O responsable municipal deste departamento, Manuel Ramos, presentou hoxe en rolda de prensa esta iniciativa, acompañado polo delegado de AGA en Ferrolterra, Rafael Díaz.

A primeira xornada se desenvolverá o día 4 de febreiro, ás 19 horas, baixo o título “Ordenación Sanitaria da Apicultura en Galicia”, e será impartida por Jose Luis Puerta Villegas. O ponente é Xefe de Área de Inspección e Alerta Veterinaria da Consellería de Medio Rural. Nesta xornada se desenvolverán os seguintes temas: Lexislación aplicable (RD 209/2002 e Decreto 339/2009); Procedemento, trámites e documentación no Rexistro de Explotacións Apícolas (altas, baixas, modificacións, e declaración censal anual); Libro de explotación Apícola (antes chamado Cuaderno de Explotación Apícola e Trashumancia); e Axudas contempladas dentro do Plan Apícola para 2010 (Formación, Sanidade, Transhumancia, e Repoboación).

A segunda e última xornada terá lugar o día 5 de febreiro no mesmo horario, ás 19:00 horas. Nesta ocasión Antonio Gómez Pajuelo, consultor apícola de Castellón e biólogo especializado en temas apícolas, falará sobre o “Control sanitario das colmeas” e aportará a súa visión sobre a prevención das enfermidades das abellas, facendo unha especial relevancia na varroa e da loque, e na forma alternativa de combatilas.

Esta actividade está incluida no convenio de colaboración suscrito entre o Concello de Narón e a Asociación Galega de Apicultura (AGA). A entrada é libre.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal