Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABIERTO EL PLAZO DE INSCRIPCIÓN EN EL CAMPAMENTO D SEMANA SANTA ORGANIZADO POR EL AYUNTAMIENTO
A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, anunciou que o campamento se desenvolverá os días 11, 12, 13 e 18 de abril en instalacións municipais
Narón, 17 de marzo de 2022. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, anunciou a apertura do prazo de inscrición, hoxe, no Campamento Semana Santa Organizado polo Concello para os días 11, 12, 13 e 18 de abril. A edil naronesa explicou que se dirixe a menores de entre 3 e 12 anos (empadroados ou escolarizados en Narón) e que se ofertan un total de 30 prazas. “Este campamento que se levará a cabo en instalacións municipais aposta por fomentar a conciliación da vida laboral e familiar, programándose en horario de mañá”, apuntou Gómez. O campamento desenvolverase entre as 9.00 e as 14.00 horas e tamén haberá servizo de madrugadores de 8.00 a 9.00 e de acompañamento ata a recollida a mediodía de 14.00 a 15.00, para adaptarse mellor ás necesidades das familias. “É unha proposta de balde na que se levarán a cabo unha gran diversidade de actividades adaptadas á idade das nenas e nenos aos que se dirixe e entre as que se reforzarán os contidos educativos transversais que incidan na educación para a paz e a non violencia, a igualdade de xénero, a diversidade, o coidado medioambiental…”, tal e como avanzou a concelleira de Igualdade. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo ata o vindeiro 25 deste mes ás 13.30 horas a través do Rexistro municipal ou da Sede Electrónica de Narón, donde está dispoñible toda a información sobre este campamento. As prazas adxudicaranse por sorteo e realizarase unha lista de agarda unha vez cubertas as 30 que se ofertan. A listaxe publicarase na web do Concello de Narón, donde previamente tamén se dará a coñecer o lugar, día e hora do sorteo público. Para obter máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono: 981 337 700 (extensións: 1108, 1109 e 1115).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal