Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ACOLLEU ESTA MAÑÁ UN PLENO SIMULADO NO QUE PARTICIPOU ALUMNADO DO CPR JORGE JUAN E DOS IES DAS TELLEIRAS E TERRA DE TRASANCOS
O CONCELLO ACOLLEU ESTA MAÑÁ UN PLENO SIMULADO NO QUE PARTICIPOU ALUMNADO DO CPR JORGE JUAN E DOS IES DAS TELLEIRAS E TERRA DE TRASANCOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a sesión, á que tamén acudiron a edil de Participación Cidadá, Catalina García, e o Secretario xeral do Concello, Alfonso de Prado
Narón, 17 de marzo de 2022. Alumnado de cuarto da ESO do CPR Jorge Juan, de segundo da ESO do IES As Telleiras e de primeiro de Bacharelato do IES Terra de Trasancos acudiu esta mañá no Concello a un pleno simulado no que adoptaron o papel de concelleiras e concelleiros da corporación. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu o pleno, no que tamén estiveron a edil de Participación Cidadá, Catalina García, e o secretario Xeral do Concello, Alfonso de Prado.
O alumnado destes tres centros que participou na actividade dos Plenos escolares, impulsados a través da área de Participación Cidadá, traballou en varias sesións nas aulas sobre temáticas tan diversas como a importancia da participación da mocidade e de establecer canles de comunicación co Concello. Unha vez coñecidas as competencias municipais e as liñas básicas das políticas públicas o colectivo desenvolveu unha serie de ideas encamiñadas a mellorar a cidade. Esas ideas perfiláronse nas aulas este mesmo mes, ensaiando os argumentos cos que os representantes de cada grupo defenderían as súas propostas ante os políticos locais.
Ás 9.00 horas de hoxe deu comezo o pleno no que o alumnado foi recibido pola alcaldesa, a edil de Participación Cidadá e o Secretario Xeral do Consistorio. O equipo técnico da Escola de Participación Cidadá estivo tamén presente na sesión, coordinando as intervencións do alumnado. Cuestións medioambientais, de seguridade viaria, transporte e lecer da mocidade foron abordadas durante algo máis dunha hora, un tempo no que os escolares puideron formular ás representantes do goberno local as cuestións que estimaron oportunas. Así mesmo, dende o Concello ofrecéronse explicacións sobre a viabilidade de materializar algunha das propostas presentadas e tamén se lles avanzaron proxectos en marcha ou que comezarán a levarse a cabo nos vindeiros meses na cidade.
Ferreiro e García animaron ás rapazas e rapaces a plantexar máis iniciativas que consideren de interese para a xente da súa idade e tamén para o resto da veciñanza, co fin de mellorar entre todas e todos día a día a cidade. Finalmente, agradeceron a súa implicación na actividade e tamén a do profesorado dos centros participantes.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal