Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PUNTO VIOLETA DE NARÓN REGRESA MAÑÁ AO ALTO DO CASTIÑEIRO
O PUNTO VIOLETA DE NARÓN REGRESA MAÑÁ AO ALTO DO CASTIÑEIRO
A edil de Igualdade, Mar Gómez, destacou a importancia deste tipo de ferramentas para ofrecer información e asesoramento á sociedade en xeral e ás vitimas e ás súas familias en particular
Narón, 18 de marzo de 2022. O Punto Violeta itinerante de Narón estará ubicado mañá na zona do Alto do Castiñeiro, concretamente á altura do número 278, nas proximidades da rotonda de acceso ano novo centro de saúde dende a estrada de Castela, entre as 22.00 e as 02.00 horas. Así o recordou a edil de Igualdade, Mar Gómez, que incidiu na importancia de “contar con este punto informativo en diferentes espazos da cidade para lograr que toda a sociedade se implique activamente na loita contra a violencia machista e dispoña de ferramentas coas que poder detectar posibles casos e tamén recibir o asesoramento necesario dende as administracións, en materia de prevención e atención ás vítimas e ás súas familias”.
O vindeiro sábado, día 26, o Punto Violeta de Narón atenderá tamén á cidadanía que se achegue no mesmo punto e ubicación e posteriormente localizarase, en marzo e abril, nas inmediacións dos tres centros de saúde da cidade. No do Alto do Castiñeiro estará o día 28 de marzo, e en abril estará xunto ao do Val o día 4 e do de Pedroso o día 11. O horario de atención nos centros de saúde será de mañá, de 09.00 a 13.00”.
O Punto Violeta de Narón púxose en marcha a través dunha subvención concedida polo Ministerio de Igualdad (Pacto de Estado contra la violencia de género).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal