Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COSMA RECIBIU O PREMIO EN RECOÑECEMENTO AO ESFORZO PREVENTIVO OUTORGADO POLA EMPRESA AQUALIA
A alcaldesa e presidenta de Cosma, Marián Ferreiro, recibiu o premio de mans do Director de Delegación de Aqualia, Francisco Javier García Linares
Narón, 18 de marzo de 2022. A alcaldesa e presidenta da empresa mixta Cosma, Marián Ferreiro, recibiu onte da man de Francisco Javier García Linares, Director de Delegación de Aqualia, o premio outorgado á compañía en "Recoñecemento do esforzo preventivo 2021". Este recoñecemento outorgárono a delegación en Galicia de Aqualia e a Zona I de Aqualia, empresa que convoca esta iniciativa, na que se destacou especialmente o contrato de Cosma. Ferreiro agradeceu o recoñecemento, asegurando que “este é un premio a todas e todos os traballadores de Cosma, polo seu bo facer día a día e polo seu compromiso coa empresa e coa cidade na que traballan”. No acto estiveron tamén presentes o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, o xerente de Cosma, José Manuel Marcote e o persoal da empresa, con sede na rúa do Rosal. Para a concesión do premio recoñeceuse o feito de que en Narón se leven cinco anos sen accidentes con baixa no contrato, o seu compromiso e implicación coa seguridade e a saúde laboral do plantel e cos procedementos internos da empresa e a capacidade para proponer e levar a cabo melloras e iniciativas favorables á redución da sinistralidade no servizo (App Suit Cosma). Nesta aplicación están dixitalizados os plans de inspección e permisos de traballo da citada empresa, podendo os operarios e o encargado cubrilos dende un móbil ou unha tablet e xerar un informe segundo as plantillas establecidas. Así mesmo, destacouse a colaboración e proactividade co departamento de Saúde e Benestar para a mellora continua no ámbito da seguridade e saúde laboral do servizo. Ferreiro e García deron os parabéns ás traballadoras e traballadores de Cosma e animáronos a continuar na mesma liña, destacando a importancia das labores preventivas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal