Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLE ATA O 24 DE MARZO A EXPOSICIÓN "SESIÓN M: CINE CON M DE MULLER"
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLE ATA O 24 DE MARZO A EXPOSICIÓN
A mostra forma parte do programa de actos organizado polo Concello de Narón para conmemorar na cidade o 8M, Día Internacional da Muller
Narón, 18 de marzo de 2022. A sala de adultos da Biblioteca municipal acolle ata o día 24 deste mes a exposición “Sesión M: Cine con M de Muller”, con varias películas de temática feminista que se poden solicitar en calidade de préstamo. “Todo sobre mi madre”, “Mujercitas”, “Una cuestión de género”, “Mujeres del siglo XX”, “Retrato de una mujer en llamas”, “Persépolis”… son algúns dos títulos que figuran nesta mostra, organizada polo Concello con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller.
Os actos enmarcados nesta data inclúen ademais a exposición itinerante “Mulleres de Narón”, que xa estivo na Praza da Gándara, esta semana levouse á Praza da Constitución, na Solaina e o 22 de marzo poderase ver diante do local social do Val e o 28 deste mes xunto ao Pazo da Cultura. Na mostra, formada por dezaséis paneis expositivos colocados en catro tótems de dous metros de altura, pódense ver recursos municipais ante situacións de desigualdade ou violencia de xénero, contidos sobre a conmemoración do 8M na cidade, información sobre A Revolta das Pedradas e tamén sobre o estudo realizado polo Concello sobre conciliación durante a pandemia da covid-19.
Na área cultural este sábado poderase ver no Pazo o monólogo “La ciudad de las damas” -20.00 horas-, protagonizado por Dayana Contreras e relacionado coa temática feminina, ao igual que os proxectados este mesmo mes para os días 25, “Guerra de identidade” -20.30-, con Déborah Vukusic, e 26 -20.00- “Bravas”, a cargo da galega Isabel Risco.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal