Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN TEIMA CONMEMORARON HOXE NO SALÓN DE PLENOS O DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN TEIMA CONMEMORARON HOXE NO SALÓN DE PLENOS O DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu o acto acompañada pola edil de Benestar Social, Catalina García, e a presidenta de Teima, Patricia Serantes
Narón, 21 de marzo de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá no salón de plenos o acto celebrado no Concello con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, entre outros representantes da corporación local e a presidenta de Teima, Patricia Serantes, participaron tamén na convocatoria, xunto con integrantes da entidade, persoas con síndrome de Down, familiares e representantes doutras asociacións que traballan co colectivo.
Ferreiro deu a benvida ás persoas que se desprazaron ao Concello para participar na convocatoria e agradeceu a Teima o feito de que elixise a cidade “para conmemorar unha data tan importante”. Así mesmo, recalcou no compromiso do Consistorio de “dar visibilidade a todas as persoas con síndrome de down e seguir apoiando a súa inclusión plena na sociedade”. A alcaldesa destacou tamén o papel das familias e todas as persoas que traballan co colectivo, destacando que “aportades á sociedade uns valores que contribúen a avanzar na pluralidade, a diversidade e a igualdade”.
Na mesma liña se manifestou a edil de Benestar Social, que destacou novamente o traballo de Teima e das familias e recalcou a importancia de continuar traballando conxuntamente na sociedade para acadar a integración plena do colectivo. A continuación, a presidenta de Teima destacou o apoio do Concello naronés coa asociación ao longo do ano e valorou a súa disposición a manter esa colaboración e compromiso coas persoas con síndrome de down.
As sillas do salón de plenos que ocupan habitualmente os concelleiros e concelleiras da corporación local foron hoxe para rapazas e rapaces con síndrome de down, algúns familiares e representantes doutras asociacións que se sumaron á conmemoración deste 21 de marzo. No transcurso do acto proxectouse un vídeo no que participaron integrantes de Teima e persoas con síndrome de down. No documento explicábase que “todavía hai moitas barreiras na sociedade que impiden o exercicio dos nosos dereitos e póñennolo moi difícil para vivir a vida que desexamos vivir e á que tamén temos dereito”. Valerse por si mesmos, aprender cousas, vivir independentes, saír a cear con amigos e, en definitiva, non sentirse discriminados pola sociedade, forman parte das súas reivindicacións.
Despois da proxección, as persoas que ocupaban as sillas dos concelleiros e concelleiras pronunciaron unha frase reivindicativa.
A alcaldesa rematou o acto dando as grazas “ás persoas con síndrome de down, ás súas familias e a todos aqueles que se esforzan para facer as súa vida cada día mellor”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal