Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETOMOU HOXE AS VISITAS ESCOLARES CUN GRUPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CPR SANTIAGO APÓSTOL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu ao alumnado no salón de plenos e respostou ás preguntas que lle formularon
Narón, 22 de marzo de 2022. O Concello de Narón retomou esta mañá as visitas de escolares da cidade, paralizadas dende 2020 pola pandemia da covid-19. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu no salón de plenos a un grupo de vinte e cinco menores de sexto de educación Infantil do CPR Santiago Apóstol, que estiveron acompañados por profesoras. A iniciativa forma parte do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola fóra do horario lectivo, que inclúe un área de “Coñecemento do Concello” no que se enmarcan estas visitas. Unha das novidades deste ano son as visitas dramatizadas “A abella Nara”, nas que están acompañados por “Nara”, unha abella de Narón, e un explorador. Eles son os encargados de recibir aos escolares á súa chegada ao Consistorio, donde se interesan polo grao de coñecemento da Casa Consistorial que teñen as nenas e nenos. Tras unhas explicacións sobre o que é unha recepción ou un rexistro, o seu funcionamento, preguntas á policía local, sobre a contorna de Narón, e un tempo para xogos, os menores desprazáronse ao salón de plenos para ver o vídeo “A abella Nara”. Unha vez alí tiveron a oportunidade de conversar coa alcaldesa, á que lle preguntaron como chegou á Alcaldía, como facía para ser unha “supermamá” e alcaldesa, se lle gustaba o seu traballo, que é o mellor e o peor do cargo… Ferreiro respostou a cada unha das preguntas que formularon as alumnas e alumnos, todos moi emocionados pola súa visita ao Consistorio e que previamente traballaron nas aulas aprendendo cousas do Concello. Á saída do salón de plenos os menores realizaron unha fotografía no fotocall “Ti es a abella Nara”, para posteriormente trasladarse á planta baixa. Como agasallo institucional, antes de abandoar o Consistorio, as nenas e nenos recibiron unha gorra da abella “Nara” e exemplares do libro “Narón pinta ben” para colorear diferentes espazos e edificios municipais. As visitas escolares continuarán desenvolvéndose este mes cun grupo se sexto de Infantil do CPR Jorge Juan e nos meses de abril e maio achegarase alumnado dos colexios Ponte de Xuvia, outro grupo do CPR Santiago Apóstol, e dos centros Virxe do Mar, e A Solaina.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal