Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TRES NARONESAS RESULTAN PREMIADAS NO I CONCURSO DE CARTAS DE AMOR
Os premios foron entregados hoxe no Concello de Narón
Narón, 16 de Febreiro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e os concelleiros de Cultura e Novas Tecnoloxías, Guillermo Sánchez Fojo e Paloma González Cuevas, entregaron hoxe os premios ós gañadores do I Concurso de Cartas de Amor “Quérote 2010” organizado polas concellerías de Cultura e Novas Tecnoloxías do Concello de Narón, con motivo da celebración do Día de San Valentín, o pasado 14 de febreiro. O número de participantes neste concurso ascendeu a 19 persoas, resultando premiadas tres mulleres veciñas de Narón. O primeiro premio foi para Belén González Veiga que presentou unha carta titulada “E o tempo pasa”. O segundo premio recaeu en Mar González Veiga co seu escrito “Etérea dulcamara”, e o terceiro levouno Ines Vitoria Prieto coa sua carta “Xa vai unha década… e un pouquiño máis”. (As cartas premiadas poden leerse na web do Concello, www.naron.es) O único requisito establecido polo Concello de Narón para participar nesta primeira edición do Concurso de Cartas de Amor era facelo na lingua galega. Preténdese así fomentar entre a cidadanía de Narón o uso do galego para expresar sentimentos persoais e íntimos, propios do amor en tódalas súas vertentes. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, felicitou a tódolos participantes neste concurso, e salientou a vontade do goberno municipal de promover novas actividades coma ésta , xa que “o Concello ten a obriga non só de facer camiños e iluminalos senón tamén de participar na sociedade”, comentou. A Concelleira de Novas Tecnoloxías tamén amosouse leda co resultado da convocatoria, na que os participantes tiveron que enviar os seus escritos a través de Internet. “Queda demostrado que non houbo problema algún coas novas tecnoloxías, xa que todos os envíos realizáronse de xeito correcto”, comentou Paloma González Cuevas. Pola sua parte, o Concelleiro de Cultura lembrou que a convocatoria deste concurso partíu da técnica de Normalización Lingüística do Concello, e felicitou ós participantes por animarse a compartir os seus sentimentos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal