Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO EDITA UN VÍDEO PROMOCIONAL DOS POLÍGONOS INDUSTRIAIS DA CIDADE
O edil de Promoción Económica, David Pita, destacou a importancia desta iniciativa para dar a coñecer parte do potencial empresarial da cidade, motor industrial da comarca
Narón, 24 de marzo de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou esta mañá un vídeo promocional dos polígonos industriais de Narón, duns catro minutos de duración e que se pode ver na canle de YouTube do Concello de Narón e na web de Promoción Económica, a través do enlace: http://business.naron.es/poligonos/. “O vídeo é unha ferramenta máis para todas aquelas persoas que queiran ter unha visión global dos polígonos industriais de Narón, da súa ubicación, as súas comunicacións… que queremos que sirva un pouco de guía para que poidan valorar parte dos servizos e prestacións que se ofrecen a nivel industrial na cidade”, apuntou Pita. O edil naronés destacou a oferta de solo industrial na cidade, cun cómputo global de máis de tres millóns de metros cadrados nos polígonos de Río do Pozo –o terceiro de maior superficie industrial de Galicia-, A Gándara (unha parte desta área industrial é de Ferrol), As Lagoas e As Boeiras, se ben neste último, compartido co Concello de Valdoviño está sen urbanizar o solo. Nalgunhas das fases do parque empresarial de Río do Pozo, maioritariamente a cuarta, aínda quedan parcelas á venda de diferentes superficies. “Queremos que se coñezan os nosos polígonos e tamén ofrecer solo industrial a empresarios/as e emprendedores/as que queiran asentarse en Narón, unha cidade que a día de hoxe é un referente na comarca a nivel industrial e dende a que continuaremos traballando para ofrecer, dentro das nosas competencias, as mellores condicións para axudar a esas iniciativas empresariais”, apuntou Pita.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal