Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PINTOR NARONÉS CRISANTO POVEDA EXPORÁ DENDE MAÑÁ UNHA TRINTENA DE OBRAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que a mostra se poderá visitar ata o 8 de abril e que existe a posibilidade de concertar visitas guiadas polo artista
Narón, 24 de marzo de 2022. A sala de exposicións da planta soto da Biblioteca municipal do Alto acollerá dende mañá e ata o vindeiro 8 de abril unha exposición da obra do pintor naronés Crisanto Poveda. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que a mostra se compón dunha trintena de obras de óleo, acrílico e acuarela e son de temática variada, predominando as paisaxes de costa e interior da comarca. “Moitas das persoas que se acheguen á exposición recoñecerán perfectamente algúns dos escenarios que Poveda plasmou nas súas obras, cargadas de luz e dos sinais de identidade deste artista local”. Crisanto Poveda é un mestre xubilado de formación practicamente autodidacta na arte da pintura, aínda que de rapaz recibiu aulas de José Leira e Tomás Barros, iniciándose posteriormente na técnica da acuarela cos pintores Francisco Rey e Manuel Gandullo. Na actualidade é membro do grupo pictórico Narart, co que xa realizou varias exposicións colectivas e tamén organizou varias a título individual en varios concellos da comarca. Así mesmo, o pintor naronés tamén ten expostos cadros nos locais comerciais da rúa Médico Valero, concretamente nos escaparates dos establecementos B3, A despensa das delicias, Diséñate mercería, Asesoría Faísca e Óptica Valero. O autor estará mañá ás 18.00 horas na sala de exposicións da Biblioteca para falar das súas obras con todas as persoas que se acheguen a ver a mostra. Taibo avanzou que se algún grupo (centros de ensino, asociacións, centros cívicos sociais… desexa concertar unha visita guiada polo autor pode contactar cos responsables da Biblioteca a través do número de teléfono 981 382 173 para fixar a data. A exposición pódese visitar de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal