Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA "RECUPERA: NARÓN POR UN CONSUMO RESPONSABLE"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA
O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, explicou que se trata dunha proposta dirixida a mocidade nada entre 2005 e 2009 que se desenvolverá durante a Semana Santa
Narón, 25 de marzo de 2022. O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, presentou hoxe o proxecto municipal “Recupera: Narón por un consumo responsable". Trátase dunha iniciativa que inclúe unha serie de obradoiros dirixidos a mocidade nada entre 2005 e 2009 empadroada ou escolarizada en Narón. “Queremos aproveitar as vacacións de Semana Santa para impulsar este proxecto que servirá como un punto de encontro para a mocidade e tamén para inculcar unha serie de valores e boas prácticas en materia de consumo responsable para acadar unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente”, explicou Mauriz. Así mesmo, tal e como indicou o edil, a proposta concíbese como unha medida de conciliación da vida laboral e familiar durante a tempada vacacional nos centros de ensino.
Obradoiros de consumo responsable, de reciclaxe de roupa, de creación de personaxes con materiais reciclados, roteiros de sendeirismo… forman parte dos contidos que se abordarán durante os días 11, 12, 13 e 18 de abril, na Casa da Mocidade de Narón e noutras ubicacións de concellos próximos. As actividades diríxense a un total de vinte persoas, son de balde e levaranse a cabo en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas.
As solicitudes poden presentarse ata o 6 de abril ás 13.30 horas, a través do Rexistro municipal, da Sede Electrónica de Narón ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As prazas adxudicaranse por sorteo e realizarase unha lista de agarda unha vez cubertas as que se ofertan. A listaxe publicarase na web do Concello de Narón, donde previamente tamén se dará a coñecer o lugar, día e hora do sorteo público. Para recibir máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario municipal, no primeiro andar do Concello ou a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1111).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal