Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DONARÁ 14.000 EUROS ÓS DAMNIFICADOS POLO TERREMOTO DE HAITÍ
Destinará o seu Fondo Social de Axuda ó Exterior para este fin.
Narón, 16 de Febreiro de 2010.- O Concello de Narón acordou hoxe, na Comisión de desenvolvemento da Actividade Social e de xeito unánime, destinar un total de 14.200 euros do fondo de axuda ó exterior ós damnificados polo terremoto acontecido en Haití o pasado mes de xaneiro, que causou máis de 200.000 víctimas e incalculables danos personais e materiais. Esta axuda canalizarase a través do Fondo Galego de Cooperación, e a entrega se realizará en dúas veces. Inicialmente se aportará o 70% do total, de xeito que o Concello reserva o 30% restante do fondo de axuda ó exterior por se acontecese outra desgracia de similares características e se precisase colaboración por parte das administracións públicas. De non ser necesaria a aportación a outra causa, o Concello entregará a Haití os 4.206 euros restantes no mes de novembro deste ano. Os cartos proceden do Orzamento Municipal do 2010, e suponen un 0,7% do presuposto de inversión do Concello de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal