Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE ESCOLARES DA CIDADE ASISTIRÁN NAS AULAS A OBRADOIROS DE PRIMEIROS AUXILIOS E SOBRE EVACUACIÓN E CONTRAINCENDIOS
MÁIS DE MEDIO MILLEIRO DE ESCOLARES DA CIDADE ASISTIRÁN NAS AULAS A OBRADOIROS DE PRIMEIROS AUXILIOS E SOBRE EVACUACIÓN E CONTRAINCENDIOS
O Concelleiro de Seguridade Cidadá e Speis, Román Romero, destacou os contidos que se abordan nas sesións, cunha parte teórica e outra práctica
Narón, 26 de marzo de 2022. Un total de 526 alumnas e alumnos de centros de ensino da cidade asistirán aos Obradoiros de primeiros auxilios e sobre evacuación e contraincendios organizados dende o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón en colaboración co equipo de Educación Viaria de Narón. Así o indicou o concelleiro responsable das citadas áreas, Román Romero, que informou que a primeira sesión tivo lugar onte no colexio Jorge Juan. “Estes obradoiros impartiranse en todos os colexios da cidade a alumnado de sexto curso de Primaria e tamén ao que asiste ás clases de Mobilidade escolar sostible e segura, de cuarto de Primaria dos centros Ponte de Xuvia, Piñeiros e A Solaina e primeiro de ESO do instituto das Telleiras”, explicou o edil. A iniciativa xorde precisamente desa asignatura e posteriormente, segundo apuntou o concelleiro, decidiuse tamén traballar con estudantes de sexto cuso de Primaria para abordar con eles estas áreas, adaptadas á súa idade e formación.
O técnico de Prevención Daniel Lorenzo é a persoa encargada de desprazarse aos centros para impartir os obradoiros, nos que se organizaron en dous bloques, un de primeiros auxilios e outro sobre evacuación e contraincendios, co obxectivo de “fomentar a capacidade de autoprotección do alumnado participante. Cada un destes bloques impártese durante unha hora e en diferentes días, polo que os escolares de cada curso ao que se dirixen asistirán dous días ás sesións.
Na primeira xornada abórdase a temática dos Primeiros auxilios: conduta PAS (protexer, alertar e socorrer), os primeiros auxilios (febre, convulsión, contusións, fracturas, cortes, mordeduras, picaduras, intoxicacións, queimaduras…), os primeiros auxilios e os animais domésticos, o Soporte Vital Básico e a caixa de emerxencias. Para impartir a sesión, o técnico en Prevención leva ás aulas diverso material para complementar as explicacións teóricas, como torsos PCR de adulto e infantil, bonecos PCR adulto, bebé e mascota, un peto para practicar a manobra Heimlich, un DESA e unha caixa de emerxencias.
Na segunda sesión, sobre Evacuación e loita contraincendios, os menores abordan temas como o teléfono 112, os principios básicos para a prevención de incendios, consellos de autoprotección ante un incendio, uso de medios contraincendios e principios da evacuación e confinamento. O material a empregar, neste caso, son extintores portátiles de auga, bandexa de lume horizontal, monitores de lume en ordenador e papeleira e sinais contraincendios.
Á sesión impartida onte, de 11.55 a 12.45 horas, a alumnado de sexto de Primaria do colexio Jorge Juan seguiranlle este mes as previstas o vindeiro luns, día 28, no colexio Ponte de Xuvia, para cuarto de Primaria -10.00 a 10.50 horas; o martes 29 tamén no Ponte de Xuvia, para alumnado de sexto curso de Primaria -10.00 a 10.50-; o 30 no colexio de Piñeiros, con escolares de cuarto de Primaria -10.00 a 10.50- e o 31 tamén en Piñeiros, con alumnado de sexto curso de Primaria -10.00 a 10.50-.
As sesións continuarán en abril, maio e xuño nos colexios da Solaina, o CRA de Narón (O Val), o IES Telleiras, no CPR Ayala, no CPI do Feal, e nos centros Virxe do Mar, A Gándara, Santiago Apóstol e Jorge Juan.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal