Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN MUSICAL "SEMENTEIRA" PARA A IMPARTICIÓN DE CLASES DE SOLFEXO E INSTRUMENTOS
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN MUSICAL
Marián Ferreiro rubricou o acordo xunto co presidente da Asociación Cultural Musical de Narón "Sementeira", Francisco Lois Ramos
Narón, 1 de abril de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o presidente da Asociación Cultural Musical de Narón “Sementeira”, Fracisco Lois Ramos, asinaron esta mañá no Concello un convenio de colaboración no eido da actividade musical entre o Padroado da Cultura de Narón e a citada asociación. O importe do convenio, en vigor ata finais deste ano, é de 55.500 euros, tal e como se especifica no documento rubricado hoxe.
En base a este acordo, “Sementeira” impartirá clases de solfexo e instrumentos de vento e percusión do primeiro ao quinto nivel, mantendo a actividade dunha banda de música cun mínimo de trinta e cinco músicos e que realizará unha ducia de concertos ao ano na cidade, en datas a concertar co Consistorio.
O presidente de “Sementeira” agradeceu a colaboración e implicación do Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura, coa entidade, valorando o apoio recibido para poder continuar desenvolvendo a súa actividade.
A alcaldesa, pola súa banda, destacou o traballo que realizan cada ano “con persoas de diferentes idades que queren formarse no ámbito musical e aprender a tocar algún instrumento, dispoñendo dunha ampla oferta entre a que elixir en cada caso”. En canto á mesma, están as clases de frauta traveseira, óboe, clarinete, saxofón, fagot, violonchelo, contrabaixo, percusión, trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba.
A asociación “Sementeira” consta dunha Escola de Música e tres agrupacións musicais: A Banda Infantil de Narón, a Xove Banda de Narón e A Banda do Garaxe, a cuxos integrantes felicitou tamén Ferreiro. “É un orgullo poder escoitar ás persoas da cidade e doutros concellos da comarca que forman parte destas agrupacións musicais, que en varias ocasións podemos ver en actos da nosa cidade, representándonos con orgullo e dando o mellor de si”, subliñou a alcaldesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal