Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA "RECUPERA: NARÓN POR UN CONSUMO RESPONSABLE"
O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, recordou que a iniciativa se dirixe a mozas e mozos nados entre 2005 e 2009
Narón, 4 de abril de 2022. O vindeiro mércores, día 6, rematará o prazo de inscrición no programa municipal “Recupera: Narón por un consumo responsable”. Así o recordou o edil de Mocidade, Pablo Mauriz, que indicou que esta iniciativa se dirixe a mozas e mozos nados entre 2005 e 2009 nadas/os ou escolarizadas/os en Narón. Esta iniciativa desenvolverase os días 11, 12, 13 e 18 de abril na cidade e concíbese como unha proposta de conciliación da vida familiar e laboral durante a Semana Santa. As actividades programadas levaranse a cabo en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, nas instalacións da Casa da Mocidade e noutras ubicación de Narón e doutros concellos próximos. Entre esas actividades haberá obradoiros de consumo responsable, de reciclaxe de roupa, de creación de personaxes con materiais reciclados, roteiros de sendeirismo… todos eles encamiñados a inculcar unha serie de valores entre os participantes e boas prácticas en materia de consumo responsable. En total ofértanse vinte prazas e as solicitudes poden presentarse ata as 13.30 horas deste mércores a través do Rexistro municipal, da Sede Electrónica de Narón ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As prazas adxudicaranse por sorteo e realizarase unha lista de agarda unha vez cubertas as que se ofertan. A listaxe publicarase na web do Concello de Narón, donde previamente tamén se dará a coñecer o lugar, día e hora do sorteo público. Para recibir máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario municipal, no primeiro andar do Concello ou a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1111).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal