Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA DOUS NOVOS ESPECTÁCULOS, "GOLFA" E "A CAZOLA DE LOLA"
O PAZO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA DOUS NOVOS ESPECTÁCULOS,
As entradas dispoñibles para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura de Narón
Narón, 4 de abril de 2022. O teatro regresará de novo esta fin de semana ao Pazo da Cultura, con dúas propostas para o sábado e o domingo cuxas entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. A primeira cita desta semana será o sábado día 9 ás 20.00 horas, cunha obra de teatro contemporáneo, “Golfa”, da compañía Crémilo. Trátase dunha peza protagonizada por Amanda e Fran, adolescentes que durante uns meses foron parella e que trala ruptura leva a Amanda a padecer un terrible acoso virtual que levou aos seus pais a denunciar ao seu exnoivo. Unha pintada de “golfa” aparece un día ás portas da instituto, precedendo a historia desta obra.
Na xornada do domingo 10 será o turno do público familiar e infantil, coa peza de monicreques “A cazola de Lola”, a partir das 18.00 horas. Tanxarina trae a Narón este espectáculo, protagonizado por Lola, que sempre leva enriba un cazo que a fai distinta aos demais, moi sensible, cun gran sentido artístico… e que chegado un momento complícalle a vida. A aparición de persoas maravillosas fará que todo cambie para a protagonista desta obra.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal