CHARLA ABERTA SOBRE "A NORMATIVA EN MATERIA DE GARANTÍAS" A TRAVÉS DA INICIATIVA "VENRES DE CONSUMO RESPONDE"
O Instituto Galego de Consumo e Competencia convoca unha nova sesión informativa, aberta á cidadanía en xeral
Narón, 6 de abril de 2022. A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla da iniciativa “Venres de consumo responde”. A convocatoria será nesta ocasión sobre “A nova normativa en materia de garantías” e terá lugar este venres, día 8, ás 12.30 horas a través da aula virtual de consumo.
Aquelas persoas interesadas en participar na convocatoria poden facelo a través da web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl debendo acceder a través do apartado “Venres de consumo” e entrar na ligazón da videoconferencia para unirse á reunión.