Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZOU ACTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL E NA AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, deron a coñecer hoxe as diferentes iniciativas
Narón, 7 de abril de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, presentaron esta mañá os actos programados polo Concello con motivo do Mes do libro. Ao longo deste mes desenvolveranse tanto na Biblioteca municipal como na Axencia municipal de Lectura da Gándara varias propostas dirixidas a públicos de todas as idades, aos que convidaron a participar, con motivo do Mes do libro, que culminará cun acto central o propio Día do Libro, o 23 de abril. Este mesmo sábado, tal e como avanzaron, ás 11.00 horas levarase a cabo unha actividade multidisciplinar, “Opré Romá!”, dirixida a menores a partir de 4 anos e que ten como finalidade dar visibilidade e desestigmatizar o pobo xitano, na procura de acadar a plena integración do colectivo na sociedade. Para poder asistir a esta proposta, deseñada tamén con motivo dos actos do Día Internacional do Pobo Xitano, é preciso inscribirse previamente. A programación continuará a vindeira semana, o luns, martes e mércores, cando se celebrarán dous obradoiros creativos. Na primeira xornada realizarase o que leva por título “Un libro na parede”, para elaborar un boneco lector decorativo, na Biblioteca municipal, o martes a actividade trasladarase á Axencia de Lectura da Gándara e o mércores será de novo na Biblioteca, coa proposta en ambos casos que consistirá en realizar marcapáxinas. Nestes tres casos os obradoiros, que tamén requiren inscrición previa e dirixidos a menores a partir de 4 anos, comezarán ás 11.30 horas. Outra das propostas, que se desenvolverá tanto na Biblioteca como na Axencia de Lectura da Gándara, é “Trocolibro” e levarase a cabo nos dous casos do 18 ao 23 de abril. Entre esas datas, as persoas usuarias da Biblioteca que o desexen poderán participar nesta actividade de intercambio de libros, para o que se instalarán mesas tanto na Biblioteca como na Axencia de Lectura, co fin de que leven algún libro desa mesa independentemente de se deixan algún a cambio ou non. O límite de libros a donar ou levar por cada persoa é de un, tal e como se indicou. As visitas guiadas ás instalacións da Biblioteca –o xoves 21 ás 18.00 horas e o venres 22 ás 11.00 horas- e á Axencia de Lectura da Gándara –o venres 22 ás 17.30 horas- forman tamén parte da programación do “Mes do libro”. Trátase dunha proposta dirixida a persoas de todas as idades, deseñada co fin de dar a coñecer estas instalacións municipais e tamén os servizos que prestan ao longo do ano. No caso da Biblioteca os asistentes percorrerán as catro plantas: a do soto, donde están a sección infantil, a bebeteca e a sala de exposicións; a planta baixa, coa hemeroteca, sección de información e referencia, de audiovisuais e xuvenil; a primeira planta, donde se localiza a sección de adultos e o arquivo de depósito de libros, e a segunda, as materias de sección de adultos, sala de usos múltiples e de informática. Nas visitas á Axencia de Lectura da Gándara tamén se poderá coñecer a Aula de informática da Casa da Mocidade e os servizos que alí se prestan. Farase unha mención especial á sección de xogos de mesa, que poderán probar os asistentes e levalos en préstamo, e á colección especial de cómic manga que tan excelente acollida ten entre a cidadanía. Para acudir a estas visitas será preciso inscribirse previamente -presencialmente ou chamando por teléfono ao número 981 382 173- podendo facelo para ambas instalacións a partir do 18 de abril ás 9.30 horas. O acto central programado con motivo do Día do Libro, o 23 de abril, será unha sesión de contacontos para menores a partir de 3 anos: “Cantos, contos e outras animaladas”. A proposta consistirá nunha revisión dos contos de animais da nosa infancia, convertidos en historias actuais cheas de amor e humor. Neste caso as inscricións poderán realizarse a partir do 19 de abril ás 16.00 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal