Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PUNTO VIOLETA DE NARÓN ESTARÁ O LUNS NAS INMEDIACIÓNS DO CENTRO DE SAÚDE DO VAL
O servizo estará atendido por dúas persoas entre as 9.00 e as 13.00 horas para ofrecer información e asesoramento á cidadanía en xeral sobre a importancia de erradicar a violencia de xénero e recursos de loita contra esta lacra social
Narón, 8 de abril de 2022. O Punto Violeta de Narón permanecerá instalado o vindeiro luns, día 11, nas inmediacións do centro de saúde do Val. Dúas persoas atenderán o servizo en horario de mañá, de 9.00 a 13.00 horas, para informar ás persoas que se acheguen sobre a importancia da loita contra a violencia machista e tamén sobre as ferramentas dispoñibles nas diferentes administracións para erradicar esta lacra social e atender ás vítimas. O Concello de Narón instalou nas últimas semanas o Punto Violeta en diferentes ubicacións da cidade e en eventos donde se preveía unha gran asistencia de público. Tras percorrer diferentes espazos, nos últimos días xunto aos centros de saúde do Alto e Pedroso, o Punto Violeta continuará a súa itinerancia en espazos que se anunciarán previamente dende o Consistorio. O Punto Violeta de Narón púxose en marcha a través dunha subvención concedida polo Ministerio de Igualdad (Pacto de Estado contra la violencia de género).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal