Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CICLO DE CINE MESTRE MATEO CONTINÚA ESTE MES NO PAZO DA CULTURA COA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "A VIRXE ROXA"
O CICLO DE CINE MESTRE MATEO CONTINÚA ESTE MES NO PAZO DA CULTURA COA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL
O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou que a proxección, con entrada de balde, terá lugar o vindeiro 28 de abril
Narón, 11 de abril de 2022. O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro 28 de abril a segunda sesión do Ciclo de Cine Mestre Mateo, un circuíto de cinema en galego impulsado pola Academia Galega do Audiovisual, as catro deputacións galegas e a Secretaria Xeral de Emigración, contando en Narón coa colaboración do Cineblub Serie B. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, indicou que se proxectará o documental “A virxe roxa”, que obtivo o premio ao Mellor documental na vixésima edición dos premios Mestre Mateo.
A cita será ás 20.30 horas e a entrada é de balde, ata completar a capacidade do Pazo. “A virxe roxa” conta a historia de Aurora Rodríguez, que no ano 1933 asasinou á súa filla, Hildegart Rodríguez, unha nena prodixio da política, precoz intelectual e pioneira do feminismo en España. No documental estarán presentes as voces de recoñecidos actores e actrices, como Antonio Durán “Morris”, Nerea Barros e María Vázquez. A peza, dirixida a público adulto, ten unha duración aproximada de algo máis de hora e media e os billetes para asistir poden recollerse no despacho do Pazo da Cultura.
O pasado mes de marzo iniciouse na cidade este ciclo, que consta dun total de oito proxeccións, unha por mes, e a través do que se aposta por achegar o cinema en galego á cidadanía en xeral, tal e como recordou Sánchez Fojo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal