Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO RETOMARÁ A PARTIR DA VINDEIRA SEMANA OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O CONCELLO RETOMARÁ A PARTIR DA VINDEIRA SEMANA OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
As convocatorias serán dende o 19 de abril ata o 7 de xuño e presidiráas a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 12 de abril de 2022. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presentou esta mañá a nova convocatoria dos Consellos Territoriais de Narón, un dos órganos de representación que establece o Regulamento de Participación Cidadá de Narón. García recordou que se trata “de espazos de encontro entre a veciñanza de cada barrio ou parroquia con representantes municipais para promover o intercambio de necesidades e ideas de cada territorio e afondar na cohesión comunitaria”. As catorce sesións programadas desenvolveranse a partir da vindeira semana, durante os meses de abril, maio e xuño nos locais sociais da zona urbana e rural da cidade, tal e como apuntou a edil.
Estes encontros están abertos á participación de todas as entidades asociativas do municipio. Están presididos pola concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, e a eles están convocados os e as representantes municipais doutras áreas do goberno e dos diferentes grupos políticos con representación. Están moderados por persoal técnico da Escola de Participación.
Desenvolveranse entre o vindeiro martes día 19 e o 7 de xuño, cunha duración aproximada de unha hora e media. Cada encontro ten xa un horario e emprazamento designado, sendo o primeiro o do día 19 ás 16.00 horas no local social do Val. A este seguiranlle este mes os de Freixeiro, o día 21 ás 19.00 horas no local social Virxe de Fátima (Freixeiro), o 26 ás 18.00 horas no local social do Couto e o 27, tamén ás 18.00 horas, no local da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña (Pedroso). No mes de maio convocáronse os de Piñeiros, o día 3 ás 19.00; Doso, o 5 ás 18.00; o de Xuvia, o 10 ás 18.00; o de Sedes, o 12 ás 18.00 horas, nos seus respectivos locais sociais e tamén os de San Mateo, o 19 ás 18.00 horas na Escola de San Mateo, o de San Xiao, o 24, o do Alto o 25 e o da Gándara o 31, estes tres ás 18.00 horas e nos respectivos locais sociais. Finalmente, en xuño programáronse os dous restantes, o día 2 en Santa Icía- A Solaina, ás 18.00 horas no local social de Virxe do Mar e o 7 en Castro, ás 19.30 horas, no local social “O Paraxe”. As datas e horarios poden consultarse a través da web do Concello de Narón e das redes da Escola de Participación.
Nesta rolda de Consellos darase prioridade ao obxectivo de mellorar o coñecemento do tecido asociativo, explorando que actividades están levando a cabo, e cales son os seus principais retos e necesidades, fomentando a colaboración e o traballo en rede, segundo avanzou García. Dende o goberno local ofrecerase información ás entidades sobre o traballo que se está desenvolvendo e proxectado na cidade.
Para garantir o control de aforo en cada caso é necesaria confirmación de asistencia previa, que pode facerse enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou no teléfono 603 865 413.
As actas da anterior rolda de Consellos, así como a do Consello Xeral, están dispoñibles na plataforma www.naronparticipa.es. Nelas pódense consultar os temas trasladados aos responsables políticos nas anteriores edicións.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal