Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SEMANA DO "TROCOLIBRO" E VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA E Á AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA, ENTRE AS ACTIVIDADES DO "MES DO LIBRO"
As persoas interesadas en participar nas visitas guiadas deberán inscribirse previamente, tal e como informou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 18 de abril de 2022. As actividades do “Mes do Libro”, deseñadas dende o Concello para conmemorar o Día Internacional do Libro continúan desenvolvéndose esta semana tanto na Biblioteca municipal como na Axencia de Lectura da Gándara. Así o recordou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, que apuntou que dende hoxe e ata o sábado 23, nestas dúas instalacións municipais celebrarase o “Trocolibro”, unha actividade que consiste no intercambio de libros entre as persoas usuarias da Biblioteca e da Ludoteca da Gándara. “Temos dispostas unhas mesas, no caso da Biblioteca na planta baixa da sección de adultos/as, e no da Axencia de Lectura da Gándara na sala principal, donde as persoas que desexen participar poden levar un dos libros da mesa, con opción, no caso de que queiran, de deixar outro a cambio”, explicou. O máximo de libros que se poden doar ou levar é dun por persoa. Na xornada de hoxe abre tamén o prazo para inscribirse nas visitas guiadas ás instalacións da Biblioteca –o xoves 21 ás 18.00 horas e o venres 22 ás 11.00 horas- e á Axencia de Lectura da Gándara –o venres 22 ás 17.30 horas-. Poderán participar persoas de todas as idades e a finalidade é, tal e como indicou Taibo, “dar a coñecer a gran variedade de servizos que se ofertan ao longo do ano”. Os percorridos deseñados para a Biblioteca inclúen as catro plantas: a do soto, donde están a sección infantil, a bebeteca e a sala de exposicións; a planta baixa, coa hemeroteca, sección de información e referencia, de audiovisuais e xuvenil; a primeira planta, donde se localiza a sección de adultos e o arquivo de depósito de libros, e a segunda, as materias de sección de adultos, sala de usos múltiples e de informática. No que respecta á Axencia de Lectura da Gándara as persoas que acudan visitarán a Aula de informática da Casa da Mocidade e coñecerán tamén os servizos que alí se prestan. Farase unha mención especial á sección de xogos de mesa, que poderán probar os asistentes e levalos en préstamo, e á colección especial de cómic manga, cunha gran acollida entre a cidadanía. Para acudir a estas visitas será preciso inscribirse previamente -presencialmente ou chamando por teléfono ao número 981 382 173- podendo facelo para ambas instalacións dende hoxe e ata completar as prazas dispoñibles en cada caso. Finalmente, o 23 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro, celebrarase na cidade o acto central, que consistirá nunha sesión de contacontos para menores a partir de 3 anos: “Cantos, contos e outras animaladas”. Os menores poderán revisar contos de animais da nosa infancia, convertidos en historias actuais nas que predominan o amor e o humor. Para poder asistir a esta actividade, que terá lugar na Biblioteca municipal, ás 11.00 horas, será preciso inscribirse, a partir de mañá, nas citadas instalacións municipais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal