Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA MUNICIPAL "COIDÁMONOS XUNT@S"
O edil de Sanidade, Santiago Galego, recordou que o programa se dirixe a veciñas e veciños de Narón maiores de 18 anos e con enfermidades crónicas
Narón, 19 de abril de 2022. O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, informou que aínda quedan algunhas vacantes para participar no programa municipal “Coidémonos xunt@s”. Trátase dunha proposta dirixida a persoas que teñen diagnosticada unha doenza crónica e que queiran facer exercicio adaptado á súa situación para axudar ao seu corpo a levar mellor o proceso da enfermidade. “O obxectivo é que as persoas que participan, con enfermidades crónicas, poidan mellorar a súa calidade de vida”, apuntou o edil. A convocatoria rematarase no mes de xuño e lévase a cabo no Centro Cívico Social de Xuvia, donde se habilitaron dous grupos. As sesións teñen lugar os luns de 10.30 a 11.30 e os venres de 10.00 a 11.30, no caso dun grupo e os luns e os venres de 11.30 a 13.00 horas, no segundo. En total acoden un máximo de dez persoas por quenda debendo cumprir entre os requisitos estar empadroados en Narón, ser maiores de 18 anos e ter doenzas crónicas. As inscricións son de balde e poden facerse a través do Rexistro do Concello, da Sede Electrónica, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para obter máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario municipal, no primeiro andar do Concello ou chamar ao teléfono 981 337 700 (extensións 1115, 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal