Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA TRINTENA DE ALUMNAS E ALUMNOS DO CPR SANTIAGO APÓSTOL REUNÍRONSE ONTE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
UNHA TRINTENA DE ALUMNAS E ALUMNOS DO CPR SANTIAGO APÓSTOL REUNÍRONSE ONTE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, respostou ás preguntas que lle formularon os escolares e visionou con eles o vídeo "Nara de Narón"
Narón, 20 de abril de 2022. Preto dunha trintena de alumnas e alumnos de sexto curso de educación Primaria do colexio Santiago Apóstol visitaron onte o Concello con motivo das actividades impulsadas a través do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola. A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse cos escolares ás 10.15 horas no salón de plenos, donde visionou cos menores o vídeo “Nara de Narón” para, a continuación, respostar a cantas preguntas lle formularon.
As nenas e nenos interesáronse por saber que era o máis difícil e o máis doado do cargo de alcaldesa; cantas persoas traballan no Concello e as súas funcións; os motivos que levaron á rexedora local a entrar na política e se xa de pequena quería ser alcaldesa; cal foi a decisión que máis lle custou tomar…. entre outras cuestións. Unha vez que remataron as preguntas as nenas e nenos recibiron un agasallo institucional, unha gorra da abella “Nara” e un exemplar do libro “Narón pinta ben”, con varios espazos moi recoñecidos da cidade para pintar.
Un explorador e a propia Nara, unha abella de Narón, actúan como guías dos menores nas visitas dramatizadas que se levan a cabo este ano por vez primeira como tal no Concello. Eles reciben aos escolares á súa chegada ao Concello e explícanlles o funcionamento da administración dun xeito didáctico, ao tempo que traballan en grupo cun crebacabezas da cidade.
As visitas escolares programadas a través desta iniciativa continuarán este mes, concretamente o día 26, cando a rexedora local recibirá a un grupo de alumnas e alumnos de sexto de Infantil do CEIP Ponte de Xuvia. En maio será o turno de escolares do CEIP Virxe do Mar –o día 3-, e do CEIP A Solaina –os días 24 e 31-.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal