Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS "TRÁMITES ELECTRÓNICOS/OFICINA VIRTUAL" E "INTERNET E AS SÚAS UTILIDADES SEGURAS"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que estas dúas accións formativas se impartirán na Aula Cemit de Xuvia
Narón, 20 de abril de 2022. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de inscrición en dous cursos que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia: “Trámites electrónicos/Oficina virtual” e “Internet e as súas utilidades seguras”. Estas dúas convocatorias realizaranse a través da plataforma Cemit da Xunta de Galicia, polo que as persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través dos enlaces: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/38563 ( o de Trámites electrónicos /Oficina Virtual) e https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/38564 (o de Internet e as súas utilidades seguras).
O curso sobre “Trámites electrónicos/Oficina virtual” consta dun total de 24 horas e impartirase do 10 ao 18 de maio entre as 9.30 e as 13.30 horas. As persoas que o realicen abordarán contidos como a introdución á administración electrónica, os trámites de libre acceso (sen certificado), que é un certificado dixital e como obtelo, o uso e funcionamento do DNI electrónico e a realización de trámites en liña (citas médicas, seguridade social, Axencia Tributaria).
No que respecta ao curso de “Internet e as súas utilidade seguras”, impartiranse 80 horas formativas, dende o 11 de maio ata o 8 de xuño e en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Os contidos serán neste caso sobre a seguridade, contrasinais, antivirus –tipos de virus, configuración e uso-, navegar en páxinas seguras, compras en páxinas seguras, correo electrónico seguro e seguridade en redes sociais.
Ofértanse un total de doce prazas para cada unha das convocatorias, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, recibindo as persoas admitidas no mesmo unha chamada telefónica na que lles confirmará esa admisión.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal