Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNS 400 ESCOLARES DE CENTROS PÚBLICOS DA CIDADE PRESENTARÁN MAÑÁ NO PAZO OS TRABALLOS DA MODALIDADE DE EXPRESIÓN ORAL DO "XXXI CERTAME INTERCENTROS-CONCELLO DE NARÓN"
UNS 400 ESCOLARES DE CENTROS PÚBLICOS DA CIDADE PRESENTARÁN MAÑÁ NO PAZO OS TRABALLOS DA MODALIDADE DE EXPRESIÓN ORAL DO
A concelleira de Educación, Mercedes Taibo, agradeceu a participación dos centros e a implicación do organizador, o CEIP A Solaina, e do profesorado
Narón, 21 de abril de 2022. Un total de 405 alumnas e alumnos de centros de ensino públicos da cidade desprazaranse mañá ao Pazo da Cultura para presentar os traballos dunha das modalidades –a de Expresión oral- da trixésimo primeira edición do Certame Intercentros-Concello de Narón. A edil de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que a través desta convocatoria, “un ano máis, despois de dous de parón debido á pandemia da covid-19, recuperamos esta cita concebida para dinamizar ao alumnado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas”. Taibo destacou o papel do centro organizador deste ano, o CEIP da Solaina, que traballou en coordinación do Concello naronés neste evento.
Escolares dos colexios da Solaina, Piñeiros, O Feal, Ponte de Xuvia, A Gándara, Virxe do Mar, do IES Terra de Trasancos e do CRA de Narón participaron nas diferentes modalidades deste certame, para alumnado de educación Infantil, Primaria e ESO. Mañá a partir das 10.00 horas terá lugar o acto de presentación de parte dos traballos desta convocatoria: concretamente os das modalidades de canción, representación teatral, conto, recitado dun poema e conto dramatizado, segundo a opción elixida en cada caso.
As alumnas e alumnos levan varias semanas traballando nas aulas nestes contidos e unha parte dos traballos realizados, concretamente os murais, contos ilustrados e cómics poden verse no Pazo da Cultura ata o vindeiro 11 de maio.
Os premios que se concederán neste certame, valorados en conxunto en 8.000 euros, entregaranse o vindeiro 10 de maio e consistirán en bonos en especie que poderán canxear os gañadores e gañadoras en establecementos da cidade.
“Este certame representa unha excelente oportunidade para que as alumnas e alumnos dos centros de ensino de Narón exalten a nosa lingua, dando visibilidade á nosa cultura a través de diferentes medios e contando coa colaboración do persoal docente, ao que tamén queremos agradecer particularmente a súa implicación dende o Concello”, asegurou Taibo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal