Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PRESENTACION DOS ACTOS DO DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES
PRESENTACION DOS ACTOS DO DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES
Ó longo do mes de marzo se levarán a cabo diferentes actividades, como a inauguración do monumento á muller, e exposicións e conferencias.
Narón, 1 de Marzo de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, presentaron hoxe en rolda de prensa os actos conmemorativos do Dia Internacional das Mulleres, que se desenvolverán en Narón ó longo deste mes de marzo.

O día 8 de marzo, data na que se conmemora o Dia Internacional da Muller, se inaugurará ás 12:00 horas o monumento á muller, que se instalará estos días na Praza da Gándara. Trátase dunha escultura do artista barcelonés David Pérez Marín, gañador do concurso de ideas para a elaboración desta escultura, que contou cun total de 37 participantes. Nese mesmo acto, o Alcalde dará lectura á Declaración Institucional sobre a Muller, ratificada por unanimidade no pleno do mes de febreiro. Na mesma data se celebrará un concerto musical a cargo de Olga Román, ás 20:30 horas, no Pazo da Cultura. O prezo das entradas é de 5 euros.

As actividades continúan o 9 de marzo coas II Xornadas de xénero e desenvolvemento “Convivindo en equidade”, que se levarán a cabo a partires das 20:00 horas no café-teatro do Pazo da Cultura. Están organizadas pola Rede Social Ferrolterra, formada por Axuda en Acción, Enxeñería sen fronteiras, a asociación cultural Fuco Buxán, a ONG Lena, Mundo Cooperante, e Solidaridade Internacional da Galicia. Ademáis, cóntase coa colaboración da Escola de Teatro de Narón, Homes pola Igualdade, e a Marcha Mundial das Mulleres.

Para o fin de semana do 13 e 14 de marzo está prevista a exposición de artes e oficios de mulleres, da que unha porcentaxe das súas vendas destinarase a unha ONG. Ó mesmo que o monumento á muller, a mostra se instalará na Praza da Gándara.

O programa de actos continúa coa celebración da tradicional Cea da Muller, que terá lugar o dia 26 de marzo ás 21:30 horas no restaurante Casa Becerra, en San Xiao. As entradas poderán adquirise nas asociacións de mulleres de Narón e no Servizo Sociocomunitario Municipal, ó prezo de 23 euros.

Finalmente, a programación rematará coa celebración do Foro de Cidadás, o dia 31 de marzo, baixo o título “Muller e saúde: ximnasia pélvica e nordic walking”, a cargo dunha fisioterapeuta e dunha diplomada en Pilates. Será ás 17:00 horas na Biblioteca Municipal.

A Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, animou a tódalas mulleres de Narón a participar nestas actividades. Pola súa banda, o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, destacou a implicación do Concello con todas estas iniciativas e sinalou a importancia de que outras entidades coma ong’s ou asociacións implíquense tamén no fomento das políticas de igualdade de xénero.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal