Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMOROU HOXE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO COA PROPOSTA "CANTOS, CONTOS E OUTRAS ANIMALADAS"
Veciñas e veciños da cidade acudiron nas últimas semanas ás variadas propostas organizadas dende o Consistorio baixo o programa "Mes do libro"
Narón, 23 de abril de 2022. A Biblioteca municipal acolleu esta mañá, ás 11.00 horas, o acto central programado polo Concello para conmemorar o Día do Libro. “Cantos, contos e outras animaladas” é o título da proposta que presenciaron esta mañá nenas e nenos nas citadas instalacións. Acompañados por persoas adultas, desfrutaron dunha proposta cargada de humor e amor centrada nos contos de animais da nosa infancia pero actualizados. O Concello programou varios actos no “Mes do Libro” que culminaron esta mañá e que incluíron propostas tanto na Biblioteca Municipal como na Axencia de Lectura municipal da Gándara. Contacontos, propostas para fomentar a integración social, obradoiros creativos para realizar marcapáxinas, bonecos decorativos… formaron parte das actividades que se levaron a cabo este mes nas citadas instalacións. A maiores, esta mesma semana, dende o pasado luns ata hoxe, tivo lugar neses dous centros a proposta “Trocolibro”, para a que se instalaron mesas con libros que a xente podía levar prestados (un por persoa) deixando ou non outro a cambio. A programación incluíu ademais visitas guiada á Biblioteca –o xoves 21 ás 18.00 horas e o onte ás 11.00 horas- e á Axencia de Lectura da Gándara –onte ás 17.30 horas-. Veciñas e veciños da cidade achegáronse ás instalacións para coñecer máis polo miúdo o traballo que alí se desenvolve e tamén os servizos que se prestan á cidadanía. No caso da Biblioteca percorreron a planta do soto, donde están a sección infantil, a bebeteca e a sala de exposicións; a baixa, coa hemeroteca, sección de información e referencia, de audiovisuais e xuvenil; a primeira, donde está a sección de adultos e o arquivo de depósito de libros, e a segunda, donde se localizan as materias de sección de adultos, sala de usos múltiples e de informática. No caso das visitas á Axencia de Lectura da Gándara percorreron a Aula de informática da Casa da Mocidade e coñeceron a sección de xogos de mesa, que se poden levar en calidade de préstamo, e tamén unha colección especial de cómic manga.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal