Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CONTINUARÁN ESTA SEMANA NAS PARROQUIAS DO COUTO E PEDROSO
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CONTINUARÁN ESTA SEMANA NAS PARROQUIAS DO COUTO E PEDROSO
As persoas que desexen asistir deberán anotarse previamente por correo electrónico ou telefonicamente, tal e como recordou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 25 de abril de 2022. Os Consellos Territoriais de Narón continuarán desenvolvéndose esta semana nas parroquias do Couto e Pedroso. Así o recordou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, que indicou que terán lugar no caso do Couto mañá ás 18.00 horas no local social e no de Pedroso o mércores 27, tamén ás 18.00 horas, no local da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña.
García presidirá estas convocatorias, ás que tamén acudirán outros representantes da corporación local. No transcurso das mesmas os integrantes das entidades terán a oportunidade de explicar as actividades que teñen previsto levar a cabo ata finais de ano e tamén plantexar posibles vías conxuntas de dinamización da participación cidadá. Durante aproximadamente unha hora e media e xunto con persoal técnico da Escola de Participación analizaranse diferentes áreas.
Os vindeiros Consellos Territoriais celebraranse en Piñeiros, o día 3 ás 19.00; Doso, o 5 ás 18.00; Xuvia, o 10 ás 18.00; Sedes, o 12 ás 18.00 horas, nos seus respectivos locais sociais e en San Mateo, o 19 ás 18.00 horas na Escola de San Mateo; San Xiao, o 24; O Alto o 25 e na Gándara o 31, estes tres ás 18.00 horas e nos respectivos locais sociais. En xuño terán lugar os dous últimos, o día 2 en Santa Icía- A Solaina, ás 18.00 horas no local social de Virxe do Mar e o 7 en Castro, ás 19.30 horas, no local social “O Paraxe”.
As persoas que desexen asistir a estas convocatorias deberán confirmar previamente a súa asistencia enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ao número de teléfono 603 865 413. As datas e horarios de cada unha destas convocatorias pode consultarse a través da web do Concello de Narón e das redes da Escola de Participación.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal