Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OBRADOIROS SOBRE O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E ADICCIÓN AOS VIDEOXOGOS E LUDOPATÍA EN MENORES DIRIXIDOS A ALUMNADO E FAMILIAS DA CIDADE
Os concelleiros de Mocidade, Pablo Mauriz, e Ensino, Mercedes Taibo, explicaron que ambas iniciativas se dirixen a escolares e familias de Narón
Narón, 25 de abril de 2022. O Concello impulsa este curso nos centros de ensino da cidade un proxecto de Educación no uso das novas tecnoloxías e outro sobre a Adicción aos videoxogos e a ludopatía en menores. Dende as concellerías de Mocidade e Ensino, dirixidas polos edís Pablo Mauriz e Mercedes Taibo, respectivamente, explicaron que a través destas iniciativas se aposta por ofrecer aos menores e ás súas familias as ferramentas necesarias para evitar condutas adictivas relacionadas tanto co uso das novas tecnoloxías como co xogo con apostas. Coa finalidade de incrementar as accións nestas dúas áreas, organizáronse dous obradoiros en liña, nos que poderán participar todas as persoas que o desexen. O primeiro deles, sobre Adicción aos videoxogos e a ludopatía en menores terá lugar este mércores, de 18.00 a 20.00 horas e diríxese a familias con alumnado de Secundaria, Formación Profesional e Bacharelato dos centros da cidade. As características da ludopatía do século XXI, os/as menores como obxectivo das empresas do xogo, o pensamento crítico e con criterio sobre o uso do tempo libre, pautas de orientación e normas e límites no uso das tecnoloxías forman parte dos contidos que se abordarán na sesión. Para poder presencialo será preciso acceder a través da ligazón: https://gedosconsultoressl.my.webex.com/gedosconsultoressl.my/j.php?MTID=mf3e45c01d1ac2226405e7345a1c8cc41. A segunda proposta, sobre “Menores e pantallas. O gran reto educativo”, convocouse para o vindeiro 4 de maio, de 18.00 a 20.00 horas. Neste caso, as persoas destinatarias son familias con alumnado de Infantil e Primaria dos centros de ensino de Narón, coas que se analizarán contidos como: o primeiro móbil, redes sociais e condutas de risco, autoxestión nas redes sociais, os videoxogos e a nova adición da infancia e pautas de orientación. Neste caso, para poder entrar no obradoiro é preciso entrar no enlace: https://gedosconsultoressl.my.webex.com/gedosconsultoressl.my/j.php?MTID=m92d57e3147299c3b80c29dc8db0aec19. Dende o Concello recordouse que os obradoiros se realizarán a través dunha plataforma á que se pode acceder con ordenador, dispositivo móbil ou tableta, sendo preciso para poder acceder á mesma no caso de conectarse cun móbil instalar a aplicación Cisco Webex Meetings. As persoas que teñan algunha dúbida ou precisen algunha aclaración ao respecto poden dirixirse aos teléfonos 722 405 724 ou 639 099 457.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal